Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 1 de junio de 2018
TOMIÑO

Aberta a preinscrición para o programa ‘Deporte para todas as persoas’ organizado por Tomiño e Cerveira

Guardar en Mis Noticias.

Trátase dun programa de actividades deportivas gratuítas coma “Piscina en familia”, clases de pilates, ximnasia, zumba, fitness, etc.

Os concellos de Tomiño e Cerveira promoven conxuntamente un programa de actividades deportivas gratuítas que se levará a cabo en equipamentos municipais ata finais do ano 2019. ‘Deporte para todas as persoas’ trátase dunha iniciativa na que se inclúen ata tres variedades de actividades que os e as participantes poderán escoller: piscina en familia, que se celebrará o primeiro sábado de cada mes; actividades para maiores de 55 anos, todos os martes e xoves; e a práctica de diversas modalidades deportivas en parroquias de Tomiño e na Instituição Particular de Solidariedade Social (IPSS) de Vila Nova de Cerveira.


Todas as persoas interesadas en participar poden realizar xa a súa preinscrición vía online en galego ou preinscrición en portugués nas páxinas web de ambos os dous concellos (www.tomino.gal e www.cm-vncerveira.pt), así como na de Amizade Cerveira-Tomiño (amizade-cerveira-tomino.eu). Tamén pode facerse de forma presencial, en papel, cubrindo os formularios dispoñibles en varias entidades sociais dos municipios.
Unha vez recibidas as solicitudes, organizaranse os diferentes grupos e comunicarase posteriormente as datas de inicio das actividades a todas as persoas interesadas.


Actividades
Piscina en Familia. Na piscina de Vila Nova de Cerveira. Natación e iniciación ao medio acuático para nenas e nenos de 3 a 10 anos acompañados de familiares. Primeiro sábado de cada mes ás 19.00 h (hora galega).
Actividades deportivas. Serán clases de pilates, ximnasia, zumba, fitness e actividades afíns dirixidas a maiores de 55 anos. Serán os martes ás 10.00 h (hora galega) en Vila Nova de Cerveira e xoves ás 10.00 h (hora galega) en Tomiño.


Práctica deportiva en parroquias de Tomiño e IPSS de Cerveira, que serán os martes e xoves pola mañá.
Segundo Ismael Troncoso, concelleiro de Deportes do Concello de Tomiño, o programa ‘Deporte para todas as persoas’ forma parte da Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Tomiño-Cerveira, e é un proxecto cofinanciado ao 75% polo Programa INTERREG VA POCTEP (fondos FEDER da Unión Europea) que permite á xente dun e doutro lado da fronteira, coñecerse e compartir actividades, promovendo unha mellor convivencia.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados