Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 30 de mayo de 2018
TUI

O alcalde de Tui solicita compromisos económicos para financiar a recuperación da zona afectada

Guardar en Mis Noticias.

[Img #41778]

 

O alcalde de Tui solicitará  "compromisos económicos" á administración central e provincial, xa que polo momento só hai o compromiso firme da Xunta e do Concello para financiar a recuperación da zona afectada o pasado mércores pola explosión de material pirotécnico en Paramos, xa que dicía “son necesarios moitos millóns de euros para reestablecer á normalidade”. Indicaba nese senso que só o desescombro custará máis dun millón de euros.


Así o avanzou na rolda de prensa que ofreceu na casa do concello onde lembrou que o Gabinete de Crise se reunirá cada sábado ás 10h no Centro de Afectados, polo que previa á reunión deste sábado e tal e acordaron na primeira xuntanza solicitou á Deputación, Xunta e goberno Central que lle comuniquen quen vai ser o seu representante neste gabinete de crise.


Informou tamén o rexedor tudense que este xoves ao mediodía se reunirá a Xunta de Portavoces para estudar os dous informes encargados, un da secretaría municipal e outro externo, sobre a idoneidade de solicitar o equivalente á declaración de zona catastrófica. Tamén informou que os departamentos de intervención, tesourería e servizos sociais están a traballar nunha ordenanza, que será levada ao pleno deste xoves, para establecer as bases para o reparto das axudas para enxoval, alimentación, calzado, roupa, transporte...con cargo ao millón de euros do Fondo de Emerxencia que se habilitará con cargo ao remanente de tesourería.


Por outra parte con respecto aos  últimos datos do Centro de Afectados deu a coñecer que  ata este mediodía constan 328 expedientes de incidencias con 702 persoas afectadas. Hai 290 casas afectadas das que 31 están completamente destruídas, 50 teñen graves desperfectos na cuberta e 60 na estrutura. Amais hai 191 vivendas con danos na carpintería exterior e 107 na interior. Hai un centenar de vivenda que precisan retellado, e 31 que teñen gretas nas paredes.  Segundo os datos aportados só 132 das 290 casas teñen seguro do fogar. Do total de vivendas afectadas 30 eran de segunda residencia.


O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, explicou que esta mañá tomou a decisión política de ordenar ao departamento de intervención que non aboe os 10 mil euros correspondentes á factura dos fogos artificiais de San Telmo deste ano que o concello contratou con Pirotecnia La Gallega con enderezo na Cañiza, e con seguro de responsabilidade civil no que constan 4 depósitos na Cañiza, Sanxenxo, Maside e Caldas de Reis.  Tamén quixo deixar constancia de que o lugar onde tivo lugar o pasado mércores a explosión non foi na sede da empresa en Baldráns senón nun almacén ilegal en Paramos.


Carlos Vázquez Padín afirmou que “a miña máxima preocupación é axudar aos veciños, e a iso quero dedicar o 100% do meu tempo”.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados