Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Domingo, 3 de junio de 2018
VIGO

A Xunta pide ao Concello de Vigo "traballar polo Aeroporto de Peinador apostando por un autobús atractivo"

Guardar en Mis Noticias.

O Goberno galego lamenta que "o alcalde de Vigo lance afirmacións falsas e carentes do máis mínimo rigor sobre os investimentos públicos nos aeroportos galegos".

[Img #41802]

 

A Xunta de Galicia chama ao Concello de Vigo a traballar pola competitividade do aeroporto de Peinador abandonando a confrontación, contribuíndo á coordinación e apostando con feitos por un servizo de autobús atractivo entre o centro da cidade e a terminal.


O Goberno galego lamenta que "o alcalde de Vigo lance afirmacións falsas e carentes do máis mínimo rigor sobre os investimentos públicos nos aeroportos galegos".


É rotundamente falso que o actual Goberno galego destinase 23 millóns de euros máis a Lavacolla e Alvedro que a Peinador.

 

 

 

 

É rotundamente falso que o actual Goberno galego destinase 23 millóns de euros máis a Lavacolla e Alvedro que a Peinador

 

 

 


O Goberno galego salienta que "non destina nin un euro de diñeiro público a financiar compañías aéreas e rexeita que as administracións locais subvencionen rutas sen criterios de demanda e sen garantías de retorno económico e turístico para as cidades".


"Ademais, no marco das súas competencias, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda tomou a iniciativa a comezos do ano 2016 e ofreceu colaboración técnica e económica ao Concello de Vigo para mellorar a conexión de autobús urbano entre o centro da cidade e a terminal de Peinador. Ese servizo realízase a través dunha liña de transporte urbano de Vigo" explican.


"A resposta do Concello a ese ofrecemento da Xunta consistiu en demandar os fondos públicos autonómicos para pór en marcha un servizo de autobús máis caro que o que existe actualmente, e que o resto dos Vitrasa que operan na cidade, que realizaría ademais un percorrido máis longo e duradeiro, e polo tanto, menos atractivo para os usuarios" aseguran de nde o ente autonómico.


A Consellería de Infraestruturas chama a "afrontar o comité de coordinación como unha oportunidade para mellorar a competitividade do noso sistema aeroportuario e a abandonar os localismos que só benefician a Porto".

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados