Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 31 de mayo de 2018
MOS

Ábrese o prazo de inscrición no campamento infantil estival Mañás de Verán

Guardar en Mis Noticias.

Os pais e nais interesados poderán anotar aos seus fillos/as ata o vindeiro 25 de xuño.

Dende a concellería de Educación mosense que dirixe o edil Camilo Augusto infórmase de que xa se atopa aberto o prazo de inscrición no campamento infantil estival Mañás de Verán.

 

O campamento consta de catro quendas de quince días de duración cada unha e o límite de participantes por quincena será de 75 nenos/as. Sendo o total de participantes das catro quendas un máximo de 300.

 

Trátase dunha iniciativa dirixida a nenos e nenas 3 a 12 anos de idade. As solicitudes de inscrición poderán presentarse na oficina de Participación Cdadá, no Rexistro Xeral do Concello de Mos, ou de forma telemática. Non se admitirán inscricións presentadas por correo electrónico.

 

    O campamento levarase a cabo nas instalacións do colexio Mestre Martínez Alonso (Castro-Mos), en horario de 9.00 a 14.30 horas. Os días 25 de xullo, 7 e 15 de agosto non haberá campamento, xa que son días festivos. O día 31 de agosto, realizarase unha festa, á que poderán asistir os nenos/as de todas as quendas.

 

A inscrición atópase aberta dende hoxe día 31 de maio, ata o 25 de xuño, para todas as quendas. De quedar prazas vacantes o prazo non se pechará, dando opción a que os pais/nais poidan inscribir aos seus fillos/as ata sete días antes de comezar as distintas quendas.

 

A 1ª quenda realizarase do 2 ao 16 de xuño, a 2ª quenda do 17 ao 31 de xuño, a 3ª quenda do 1 ao 16 de agosto, e a 4ª quenda do 17 ao 31 de agosto.

 

O prezo por participante é de 70 euros o primeiro fillo/a e 60 euros os segundo e terceiro fillos/as. Tamén existe a posibilidade de contratar a maiores servizos de comedor e aula madruga.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados