Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Sábado, 2 de junio de 2018
MOS

Aberto o prazo de inscrción nas Xornadas Multiaventura 2018

Guardar en Mis Noticias.

Poderán participar rapaces/as de 10 a 17 anos e teñen ata o 18 de xuño para apuntarse.

[Img #41796]A concellería de Participación Cidadá mosense que dirixe a edil Julia Loureiro organiza as “Xornadas Multiaventura 2018” dirixidas a rapaces/as de 10 a 17 anos de idade.

 

O prazo de inscrición atópase aberto  e rematará o 18 de xuño. Deberase xuntar fotocopia da tarxeta sanitaria e certificado escolar no caso de non estar empadroado.

 

Os participantes deberán saber nadar. A admisión será por rigorosa orde de entrada no Rexistro do Concello. Teñen preferencia os/as empadroados e/ou escolarizados en Mos, de quedar prazas vacantes poderán participar menores doutros concellos.

 

A lista de admitidos/as publicarase o 19 de xuño no taboleiro de anuncios da  OMIX e na web municipal https://www.mos.es/.

 

As “Xornadas Multiaventura” realizaranse os días 25, 26, 27,  e 29  de xuño, en horario de 09:30 a 14:00 horas. O 28 de xuño as actividades prolongaranse durante toda a xornada e pernoctarase no cámping de praia América.

 

Para o cronograma organizativo das actividades o grupo dividirase en dous, tendo en conta a idade: Grupo A (entre os 10 e 13 anos), e Grupo B (entre os 14 e 17 anos).

 

O prezo por participante será de 100 euros. Durante as xornadas impartiranse clases de Surf, Paddle Surf, Surf con Skate, Sendeirismo, preservación do medio marino e Kayak, entre outras iniciativas de animación e deportivas.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados