Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 4 de junio de 2018
DEPORTES

Preto de trescentos cincuenta ciclistas na II mini BTT Concello do Porriño

Guardar en Mis Noticias.

[Img #41844]

 

O velódromo municipal de O Porriño vestiuse de gala de mans da Asociación Deportiva Avanza para dar acollida a segunda edición do Trofeo Mini BTT  Concello de O Porriño, ata onde se desprazaron preto de trescentos cincuenta bikers chegados de toda Galicia para disputar a sexta proba do calendario do campionato galego de mini Btt. 

 

Os integrantes da A. D. Avanza iniciaban a xornada do domingo cos dous podios conseguidos polos seus compañeiros no día anterior onde viñan de participar na II edición do XC Concello de Oroso onde na   categoría cadete  David Fernández lograba o terceiro posto no podio e na categoría Júnior Óscar Fernández a segunda posición do podio.

 

Xa a xornada do domingo todo apuntaba como unha xornada de festa para Asociación Deportiva Avanza que desde primeiras horas do día recibían eloxios polo circuíto preparado para os pequenos bikers.

 

[Img #41852]O primeiro podio para a escola da asociación chegaría de mans de Nerea Soto na categoría Promesa Fémina conseguindo subir o mais alto podio unha vez mais esta tempada. Unha Nerea Soto imparable que conta todas as súas participacións como vitorias.

 

O segundo podio chegaba de mans do pequeno biker Guillermo García na categoría Promesa Masculino entrando en quinta posición.

 

Na categoría alevín Fémina compre destacar o papel de Aroa Otero que a pesar de non entrar en postos de podio, presenta unha progresión espectacular quedando sexta as portas de entrar en postos de podio no seu primeiro ano neste deporte. 

 

Na categoría Alevín masculino Haritz Serrano lograba a merecida terceira posición.

 

Na categoría infantil Fémina Uxía soto asinaba unha nova vitoria para o seu palmares, cun espectacular inicio de tempada contando todas as súas participacións no mini Btt como vitorias, tamén na categoría infantil Fémina Laura Mira lograba a terceira posición despois dunha dura loita coa biker do club ciclista Corbelo pola segunda posición. Na categoría infantil masculino Andrés Valverde  lograba subir o terceiro posto do podio, destacando tamén o papel de Iván Fernández e Hugo Martínez que quedaron as portas de entrar en posicións de podio.

 

Na categoría Cadete o podio tinguiuse das cores da escola da A. D. Avanza o contar con catro integrantes no podio Álvaro Romero 1º, Gabriel conde 2º, David maquieira 3º e Jordi Rodríguez 5º. 

 

Tamén na xornada do domingo na modalidade de DH Senén Bastos lograba o segundo posto no V DH Kamikazes, proclamándose sub-campeón da Copa Galicia de DH.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados