Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 4 de junio de 2018
VIGO

A nova Cidade da Xustiza de Vigo clave para mellorar a administración de xustiza e o servizo

Guardar en Mis Noticias.

Feijóo resalta que este edificio, que conta co maior investimento que se teña feito en Galicia nunha infraestrutura xudicial: 30 millóns de euros, comezará a funcionar a comezos de 2020.

[Img #41928]

 

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a nova Cidade da Xustiza de Vigo como un elemento clave para mellorar a Administración de Xustiza e ofrecer o mellor servizo aos vigueses e aos traballadores.

 

Durante unha visita á fase final das obras que farán que este proxecto sexa unha realidade a comezos de 2020, co maior investimento que se teña feito en Galicia nunha infraestrutura xudicial: 30 millóns de euros, Feijóo subliñou que neste edificio se concentrarán todas as dotacións xudiciais da cidade e terá capacidade para albergar ata 55 órganos xudiciais ademais das seccións da Audiencia Provincial e a Fiscalía.

 

Así mesmo, albergará tamén outras unidades relacionadas coa Xustiza, como a Policía Xudicial, a Policía Autonómica e o Imelga; e contará cunha praza para uso público e cunha gardería para os fillos dos empregados.

 

Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta recordou que, co obxectivo de ofrecer o mellor servizo aos cidadáns, se puxo en marcha o Plan Senda de novas tecnoloxías, que supón un investimento de case 50 millóns para modernizar a Administración e convertela nunha auténtica Administración dixital do século XXI; e o Plan de infraestruturas xudiciais, a máis ambiciosa iniciativa de dotación de edificios nesta materia que se levou a cabo en Galicia e que está practicamente finalizado, cun orzamento que rolda os 100 millóns de euros.

 

 

 

 

O edificio albergará tamén outras unidades relacionadas coa Xustiza, como a Policía Xudicial, a Policía Autonómica e o Imelga; e contará cunha praza para uso público e cunha gardería para os empregados

 

 

 

 

Sobre este punto, destacou que son xa unha realidade os novos edificios de Ourense e a renovada Fábrica de Tabacos da Coruña, a ampliación dos edificios xudiciais de Ferrol e de Santiago e que o vindeiro ano estará en funcionamento o novo edificio de Pontevedra.

 

Feijóo recordou que a Xunta de Galicia é, na actualidade, a institución que máis inviste en Vigo, desenvolvendo proxectos como esta Cidade da Xustiza; a ampliación do barrio de San Paio de Navia, con 6000 novas vivendas protexidas; o futuro Campus do Mar; a ampliación do IFEVI; a apertura da Autovía do Morrazo; a Edar de Lagares;o Campus FP, un proxecto pioneiro que nace para ser unha ponte entre o mundo educativo e o mundo industrial; ou o hospital público Álvaro Cunqueiro.

 

O presidente da Xunta concluíu referíndose aos últimos datos do paro, que acreditan que Galicia é unha das comunidades con maior descenso do desemprego, con 22.900 parados menos no último ano e con máis de 26.700 novos afiliados á Seguridade Social.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados