Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 5 de junio de 2018
NIGRÁN

O concello de nigrán repón a pasarela de acceso ao Castro de Chandebrito queimada nos incendios

Guardar en Mis Noticias.

Trátase dunha infraestrutura de madeira de preto de 200 metros (igual á existente anteriormente) e cun custe de 18.500 € .

[Img #41861]

 

O Concello de Nigrán ven de repoñer o acceso ao monte do Castro de Chandebrito mediante a instalación dunha nova pasarela e escaleiras de madeira despois de que se queimaran totalmente nos incendios do 15 de outubro. Cun investimento de 18.500 € e unha lonxitude de preto de 200 metros, a nova infraestructura é idéntica á que había anteriormente e permite que o castro, os muíños e o miradoiro resulten accesibles.

 

"Despois das políticas de emerxencia emprendidas dende o Concello nun primeiro momento, agora nos atopamos nunha segunda fase que consiste en devolver á parroquia ao estado no que se atopaba antes do 15 de outubro,  esta é unha acción máis nesta liña e virán outras máis que reflicten a nosa aposta por Chandebrito", resume Juan González, alcalde de Nigrán.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados