Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 4 de junio de 2018
PROVINCIA

O Goberno de Carmela Silva pon a disposición do Concello de Tui case 3 millóns de euros en axudas

Guardar en Mis Noticias.

Carlos Font instou ao alcalde de Tui a “que dea prioridade ás necesidades das persoas afectadas á hora de investir as partidas económicas da Deputación. É cuestión de vontade”.

O concello de Tui ten a súa disposición case tres millóns de euros en axudas da Deputación de Pontevedra para dedicalos ás consecuencias da catástrofe de Paramos. Así o trasladou o deputado Carlos Font ao alcalde tudense na reunión deste sábado do Gabinete de Crise no Centro de Formación da vila.

 

[Img #41864]O goberno que preside Carmela Silva informou ao alcalde, e ás distintas administracións presentes na reunión, a total dispoñibilidade do executivo provincial para cambiar as prioridades marcadas polo Concello de Tui na súa relación de proxectos a acometer este ano 2018 con cargo ao Plan Concellos a fin de que ese diñeiro, cuantificado en 752.383 euros, poida destinarse a Paramos. Do mesmo xeito, Font sinalou que do Plan Concellos 2017 o goberno de Tui ten aínda sen executar un total de 735.881 euros que, igualmente, pode destinar á catástrofe. Amais, o deputado instou ao alcalde de Tui a que utilice os fondos da Liña 1 do Plan de 2019, dotado para Tui con case 740.000 euros, diñeiro que precisamente adiantouse a este ano por si algún concello tiña emerxencias ou necesidades pensadas nun principio ao abeiro dos danos da vaga de lumes pero que tamén podería utilizar para paliar as necesidades causadas por esta traxedia. Igualmente, Carlos Font informou ao alcalde que pode solicitar o Plan Deporemse, dotado ata con medio millón de euros e ao que podería acollerse o Concello, garantindo con elo a reposición de todos os servizos urbanísticos, pavimentacións, abastecemento, saneamento e alumeado da zona.

 

O deputado instou ao alcalde de Tui a que utilice estas axudas, cuantificadas en total en 2.727.982 euros, xa que é o goberno municipal que ten que marcar as prioridades da súa veciñanza no modelo de respecto á autonomía municipal que defende o goberno da nova Deputación. Font lembrou ao alcalde que foi precisamente o rexedor local quen manifestou, na primeira reunión do Gabinete de Crise, que a prioridade de calquera investimento en Tui debe ser a axuda ás familias afectadas. “Ninguén entendería que o alcalde manteña investir nun novo xardinciño ou en cambiar unha luminaria cando pode destinar ese diñeiro ao importante que é Paramos. É unha cuestión de vontade do alcalde, e a Deputación pon todas as facilidades”.

 

 

 

 

O deputado trasladou á Plataforma de afectad@s a total dispoñibilidade do goberno provincial para adecuar os fondos dos plans da Deputación ás consecuencias da traxedia

 

 

 

 

Font tamén reclamou ao alcalde que deixe de tentar facer debate político e partidario coa traxedia. “Non imos a entrar nun debate que parécenos lamentable, interesado e vergoñento cando falamos da desesperación das familias afectadas. Nós estamos no Gabinete de Crise para buscar solucións e coordinar o apoio de todas as administracións. Se o alcalde quere buscar o enfrontamento coas súas declaracións non nos va a atopar“, dixo o deputado.

 

Amais das axudas económicas, a Deputación mantén o envío de medios técnicos, materiais e humanos do ámbito dos servizos sociais, arquitectura e departamento xurídico que a institución provincial está a prestar ao concello do Baixo Miño desde o primeiro día da catástrofe. Tamén, o goberno da Deputación volveu a ofrecer a xestión co Colexio de Arquitectos para dotar de persoal especializado ao Concello que traballe co Arquitecto Municipal na zona do sinistro.

 

Tras a reunión do Gabinete de Crise os deputados Carlos Font e Santos Héctor reuníronse coa Plataforma de Afectados, nun encontro de total cordialidade, no que volveron a trasladarlles todo o apoio directo do goberno de Carmela Silva e a máxima axilización de todos os procedementos para que o Concello de Tui poida destinar a financiación da Deputación a paliar as necesidades das familias. Amais, a Deputación manifestou o seu apoio á Plataforma nas súas reivindicacións para que se axilice a tramitación das axudas de vivenda ás persoas afectadas, garantir o pago comprometido para os alugueres e reclamar a presenza de equipos de psicoloxía en Tui en atención ás vítimas da catástrofe.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados