Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 5 de junio de 2018
NIGRÁN

A xunta supervisará hoxe o inicio das obras na contorna do Castro de Chandebrito en Nigrán

Guardar en Mis Noticias.

O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Dubois, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, realizan unha visita á zona da intervención.

O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Dubois, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, supervisarán este martes o inicio das obras na contorna do Castro de Chandebrito no Concello pontevedrés de Nigrán.

 

Os traballos arrancan toda vez que se obtiveron as autorizacións necesarias para a intervención, correspondentes ás posibles afeccións a elementos patrimoniais no perímetro. Unha actuación á que a Consellería de Medio Rural destina 64.432,46 euros e que responde á proposta técnica encargada a Universidade de Vigo.

 

Moitas das áreas afectadas pola vaga de lumes do pasado outubro presentan alteracións na cuberta vexetal e atópanse situadas en zonas de elevada pendente, próximas a zonas habitadas, con formacións rochosas con presencia de bloques de granito que poden chegar a sufrir algún desprendemento e danar edificacións. Este é o caso do Monte do Castro, na parroquia de San Xosé de Chandebrito.

 

 

 

 

Os traballos arrancan toda vez que se obtiveron as autorizacións preceptivas, correspondentes ás posibles afeccións a elementos patrimoniais no perímetro

 

 

 

 

De cara a analizar o risco de caída de elementos pétreos, a instancias da Consellería do Medio Rural, e a través da empresa pública Seaga,  encargouse á Universidade de Vigo que emitira un informe de riscos por desprendemento na zona obxecto de intervención.

 

O informe elaborado pola ETSE de Minas e Enerxía descartou a existencia dun perigo inminente. Tras varias visitas técnicas á zona, e unha vez recompilados os datos básicos de topografía, geoloxía, geotécnica, sísmica e meteoroloxía, non se atopou ningún indicador que alertase da existencia de zonas inestables. Con todo, o profesor propón unha serie de actuacións que son as que levaranse a cabo.

 

Así, as obras contemplan a instalación de 100 metros lineais de barreiras dinámicas, separadas en dous tramos e cunha capacidade de absorción de enerxía de 500 quiloxulios. Ditas barreiras metálicas terán unha altura máxima de tres metros, con postes cada 10 metros.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados