Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 5 de junio de 2018
MOS

304 nenos mosenses acompañados das súas familias asistiron á clausura das actividades extraescolares

Guardar en Mis Noticias.

O acto celebrouse o sábado no Campo das Baloutas. A de Fútbol Sala foi a actividade extraescolar máis demandada de entre as catro impartidas durante o presente curso escolar.

[Img #41898]

 

O Concello de Mos subvencionou catro actividades extraescolares xestionadas polas ANPAS (Asociacións de Nais e Pais de Alumnos/as) nos Centros de Educación Infantil e Primaria do municipio que foron totalmente gratuítas para os participantes. Trátanse de clases de Fútbol Sala, Baloncesto, Balonmano e Multideporte que se impartiron nas instalacións dos respectivos centros educativos.


Os 304 rapaces e rapazas mosenses das catro actividades extraescolares participaron o pasado sábado 2 de xuño, acompañados das súas familias, nun acto de clausura que se celebrou no Campo de Fútbol das Baloutas e no que estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Educación mosense, Camilo Augusto, o tamén edil do Concello de Mos, Luis Alonso, e o presidente da Unión Deportiva Mos, Pablo Alonso Serodio.


Na disciplina de Fútbol Sala organizouse por primeira vez este curso escolar 2017-2018 unha Liga Escolar na que competiron entre sí os equipos dos 5 CEIPs públicos da localidade mosense: Atín, Mestre Martínez Alonso, Mestre Valverde Maio, Pena de Francia e Petelos. Os partidos disputáronse os domingos pola mañá e resultou gañador desta Liga o Colexio Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos.


En total participaron na Liga Escolar de Fútbol Sala 135 rapaces repartidos en cinco equipos de Fútbol Sala dos cinco colexios mosenses. No colexio Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos participaron nesta actividade un total de 40 nenos/as, no Pena de Francia 20, e nos de Atín, Sanguiñeda (Mestre Valverde Maio) e Petelos, 25 en cada un deles.


Sen dúbida a de Fútbol Sala foi a actividade extraescolar máis demandada, pois participaron nela 135 cativos dos 304 que constitúen o total de participantes nas catro actividades ofertadas pola concellería de Educación mosense. Na actividade de Multideporte participaron 65 rapaces/as, na de Balonmano 64, e na de Baloncesto 40.
A actividade de Multideporte levouse a cabo en catro colexios: Pena de Francia con 16 participantes, Atín con 18, Petelos con 13 e Sanguiñeda (Mestre Valverde Maio) con 18. A actividade de Balonmano impartiuse nos cinco centros mosenses: Petelos con 10 participantes, Pena de Francia con 18, Sanguiñeda con 10, Atín con 6 e Castro-Mos con 20. E Baloncesto impartiuse en tres colexios: Pena de Francia con 14 participantes, Castro-Mos con 13 e Atín con 13 tamén.


Para impartir as actividades de Fútbol Sala, Baloncesto e Multideporte o Concello de Mos ten asinado un convenio coa Unión Deportiva Mos, que destina un total de 14 monitores deportivos para levar a cabo as clases. Por outra banda as clases de Balonmano foron impartidas polo Club de Balonmano Porriño que destina ás mesmas 4 monitores/as. Polo tanto as actividades extraescolares financiadas polo Concello beneficiaron este curso a un total de 304 alumnos/as mosenses que foron formados deportivamente por un total de 18 monitores/as.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados