Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Domingo, 10 de junio de 2018
NIGRÁN

Nigrán engade ao espazo dunar protexido de Praia América os mil metros cadrados da escola de vela

Guardar en Mis Noticias.

Como novidade, este ano o Concello adxudicou nas inmediacións un posto de aluguer de esquí nautico e vela que poderá funcionar ata o 30 de setembro, igual que os quioscos de praia.

[Img #41938]

 

O Concello de Nigrán engadiu mil metros cadrados ao espazo dunar protexido de praia América-Panxón tras desmantelar a Escola de Vela que, durante 14 anos, viña ocupando eses terreos irregularmente e de xeito gratuito. Esta zona xa está acotada para impedir o tránsito e será rexenerada nos vindeiros días. Deste xeito, o espazo dunar de Nigrán suma xa 36.000 metros cadrados.

 

Paralelamente, o Concello incluíu este ano xunto a adxudicación de quioscos de verán un posto de aluguer de esquí náutico e vela cun cánon de 2.500 € que se ubicará ata o 30 de setembro nestas inmediacións.  

 

"Queremos protexer ao máximo o ecosistema natural de Praia América devolvéndolle o seu equilibrio natural, esta é unha medida nesta liña e que casa co proxecto actual de mellora dos marxes do río Muíños que busca, entre outras cousas, evitar a gran erosión do sistema dunar", explica Juan González, alcalde de Nigrán.

 

 

 

 

O Concello instalará novos paneis informativos no sistema dunar con información ornitolóxica e de plantas invasoras

 

 

 

 

O Servicio Provincial de Costas del Estado, a petición do Concello tras detectar diversas irregularidades, retiroulle á antiga Escola de Vela 'Beach Escolas' a concesión administrativa  que lle permitía ocupar mil metros cadrados do dominio marítimo-terrestre de Lourido, polo que en marzo os propietarios procederon a retirar a instalación da gran caseta de madeira. "Ocupaban un espazo desmesurado de xeito permanente pese a só funcionar no verán e non abonaban nin un euro ao Concello, nin sequera o consumo de luz e auga", explica o rexedor, quen reitera a súa aposta polos deportes náuticos "pero  de xeito regulado e suxeito á normativa municipal, como se fixo coa nova concesión temporal de verán".

 

Paralelamente, o Concello de Nigrán instalará na vindeira semana novos paneis educativos no sistema dunar que conteñen información ornitolóxica e sobre as plantas invasoras que o ameazan co obxectivo de concienciar á poboación da importancia de preservar estes lugares naturais.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados