Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 8 de junio de 2018
NIGRÁN

Arrancan as obras na contorna do Castro de Chandebrito, que estarán rematadas nun prazo dunhas catro semanas

Guardar en Mis Noticias.

[Img #41953]

 

O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, desprazáronse esta semana ata o Concello de Nigrán para supervisar o inicio das obras no Castro de Chandebrito, unha das áreas afectadas pola vaga de lumes do pasado mes de outubro, e que estarán rematadas nun prazo dunhas catro semanas.

 

Na visita, na que estiveron acompañados polo alcalde da localidade pontevedresa, Juan González, e representantes da Comunidade de Montes, Pérez Dubois celebrou o inicio desta actuación “na que tivemos que conxugar a protección do Castro e das casas dos veciños deste lugar”, dixo, ao tempo que remarcou a medida como a “máis viable para preservar as edificacións da zona de posibles desprendementos”. A Consellería de Medio Rural destina 64.432,46 euros a esta intervención, que responde á proposta técnica encargada á Universidade de Vigo.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados