Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 6 de junio de 2018
O PORRIÑO

A Organización da Feira do Pan do Porriño satisfeita pola progresiva consolidación do evento

Guardar en Mis Noticias.

[Img #41957]

 

A Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR) e a Asociación de Panadeiros do Porriño amosaron a súa satisfacción polo desenvolvemento da IIIª Feira do Pan do Porriño, que nesta edición experimentou un importante aumento da afluencia de asistentes e a mellora do volumen de actividade económica así como a consolidación e mellora das actividades da mesma. A valoración por tanto é moi positiva, á espera de celebrar a reunión de análise da mesma para valorar aqueles ámbitos de mellora de cara a vindeira edición de 2019. “Queremos convertir a O Porriño na Capital Galega do Pan”, afirmaron.

 

Tanto na xornada do venres pola tarde, como durante todo o sábado día 2, o aumento de asistentes foi moi considerable. A organización cifrou en alomenos un aumento do 30-40% máis que o ano anterior, o que en palabras da presidenta de ACIPOR, Juana Pérez Rodríguez, “debe levarnos á reflexión da necesidade de impulsar accións de atracción de máis asistentes para fortalecer a feira, e para elo, precisamos unha maior proxección provincial, galega e estatal”. Así o manifestaban tamén os representantes das panaderías da Asociación de Panadeiros do Porriño “a feira ten bós cimentos, temos que seguir mellorando para atraer a máis asistentes e poder visibilizar inda máis o Pan do Porriño e a súa relación coa gastronomía, porque á vista está que cada ano a Feira mellora a súa aceptación.”

 

Dende ACIPOR e Asociación de Comerciantes quixeron agradecer ás marcas convidadas e sobre todo aos patrocinadores e colaboradores o seu apoio, sen a cal sería imposible a feria, especialmente, sen o apoio orzamentario e loxístico do Concello do Porriño a través da Concellaría de Comercio que dirixe D. Marcelino Coto Troncoso.

 

Un dos aspectos destacable da Feira, da que a organización tomou boa nota, foi da proposta da pregoeira desta edición, Marta Rodal, que destacou a necesidade de que O Porriño impulse un proxecto para a creación no Porriño dunha Aula Didáctica de Pan e Panadería nun inmoble a recuperar nalgún dos barrios do Porriño. “Un feito que sen dúbida impulsaría esta actividade e lle permitiría seguir gañando impulso”, destacaba a pregoeira. O propio Concelleiro de Industria e Comercio do Porriño, D. Marcelino Coto Troncoso, destacaba na presentación da Feira do Pan que “pola súa forte progresión, non sabemos ata onde pode chegar o o interese crecente polo Pan do Porriño e a Feira do Pan”.

 

Impulso á actividade panadeira

A Feira do Pan está a suponer un importante impulso á imaxe do pan e das empresas panadeiras do Porriño, que aspira a seguir mellorando a súa imaxe. Entre os vindeiros obxectivos da Asociación de Panadeiros está a de rematar o proceso de certificación do Pan do Porriño e sentar as bases dunha maior difusión do alto valor gastronómico do Pan do Porriño en eventos e feiras gastronómicas como Xantar, Silleda ou FITUR, feito que xa se está a valorar, comezando así unha labor de promoción exterior do producto.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados