Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 6 de junio de 2018
MOS

De xornalistas a chefs, o alumnado do Colexio de Atín, exemplo de iniciativa

Guardar en Mis Noticias.

Imparten o vindeiro sábado na Ludoteca de San Rafael un obradoiro de cociña promovido pola concellería de Participación Cidadá.

[Img #41967]

 

O alumnado de 5º curso do Colexio de Atín está a demostrar que ademais de pequenos grandes xornalistas son uns magníficos cociñeiros.


Recentemente fíxose público que estes cativos gañaron dous segundos premios no concurso de Faro da Escola: Mellor Xestión de Negocio e Mellor Uso Audiovisual e de Novas Tecnoloxías, polo traballo realizado de confección dun xornal no que incluíron unha entrevista á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.


Pois ben, agora estes rapaces e rapazas do CEIP Atín-Cela continúan a despuntar organizando conxuntamente coa concellería de Participación Cidadá mosense que dirixe a edil Julia Loureiro, un obradoiro de cociña no que prepararán receitas incluídas nun libro escrito por eles mesmos, que leva por título “Recetas para caerse muert@” e que está inspirado na obra de Ledicia Costas, “Escarlatina a cociñeira defunta”.


O obradoiro será impartido polos propios rapaces e rapazas autores/as do libro de cociña e polo seu mestre, Óscar Rodríguez Rojo, co apoio e colaboración dos/as monitores/as da Ludoteca Municipal de San Rafael (Pereiras), que será o lugar onde se impartirá este taller o vindeiro sábado, 9 de xuño, en horario de 11.00 horas a 13.00 horas da mañá.


Esta actividade vai dirixida aos nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade que queiran gozar dunha divertida mañá coas mans na masa. O prato estrela que prepararán, titorizados polos pequenos grandes chefs do Colexio de Atín, serán as riquísimas ‘Chocolletas’, entre outras delicias culinarias.


O número de prazas para participar nesta iniciativa é limitado, polo que os/as interesados/as en asistir deben inscribirse canto antes chamando por teléfono ao número 986 33 94 04 ou acudindo presencialmente ás oficinas do departamento municipal de Participación Cidadá no Multiusos das Pozas (Petelos).

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados