Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Sábado, 9 de junio de 2018
VIGO

Axudas para actividades e iniciativas na área de influencia do Parque Nacional Illas Atlánticas

Guardar en Mis Noticias.

O Diario Oficial de Galicia publica a orde pola que se establecen as bases das subvencións con cargo aos orzamentos xerais do Estado e na que se fixa unha contía de máis de 110.000 euros.

O Diario Oficial de Galicia publicaba este pasado mércores a orde de axudas para o desenvolvemento de iniciativas, públicas ou privadas, no ámbito de influencia do Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas de Galicia. Trátase da orde pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións públicas con cargo aos orzamentos xerais do Estado na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional e se convocan para o exercicio orzamentario 2018, cunha dotación orzamentaria de máis de 110.000 euros (112.362,05).

 

Galicia conta co Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, que agrupa aos arquipélagos de Cortegada, Sálvora, Ons e Cíes, polo que abarca os concellos de Vigo, Bueu e Vilagarcía de Arousa, en Pontevedra; e de Ribeira, na Coruña.

 

Esta liña de incentivos responde á necesidade de contribuír ao desenvolvemento socioeconómico da poboación do ámbito de influencia do Parque Nacional. Cómpre recordar que o obxectivo fundamental do Parque Nacional é a conservación dos importantes valores que alberga; non obstante, isto non debe ser obstáculo para fomentar e lograr o crecemento económico da zona de influencia socioeconómica de xeito harmonioso e compatible cos obxectivos de conservación.

 


Así, as iniciativas ou actividades que poderán obxecto desta liña de axudas son:

  • Iniciativas tendentes á modernización das infraestruturas destinadas ao uso xeral do tipo de: mellora na subministración de auga potable, mellora na atención sanitaria a visitantes e residentes no Parque, xestión de residuos, xestión enerxética, rede de saneamento e outras semellantes.
  • Iniciativas destinadas á conservación ou restauración do patrimonio natural, así como aquelas orientadas á eliminación de calquera tipo de impacto sobre os valores naturais ou culturais, incluído o impacto visual sobre a percepción estética do mesmo ocasionado por infraestruturas preexistentes. Destacan actuacións como: soterramento de alxibes, mellora de fosas sépticas, puntos limpos, e outras semellantes.
  • Iniciativas dirixidas a garantir a compatibilidade das actividades e dos usos tradicionais coa finalidade e cos obxectivos dos Parques Nacionais.
  • Iniciativas destinadas á conservación ou á restauración do patrimonio arquitectónico, como actuacións do tipo de recuperación de hórreos, fornos comunais, e outras semellantes.
  • Iniciativas destinadas á posta en marcha de relacionadas coa prestación de servizos de atención a visitantes e a comercialización dos produtos artesanais, como por exemplo empresas de rutas guiadas, mergullo recreativo- educativo, promoción de actividades en inverno.
  • Iniciativas destinadas ao mantemento ou á recuperación da tipoloxía construtiva tradicional, como adaptación de cubertas, arranxo de construcións anexas.
  • Iniciativas orientadas á divulgación e formación entre a poboación local dos valores e importancia do Parque Nacional; así como aquelas que fomenten a recuperación e divulgación do patrimonio arqueolóxico, etnográfico e cultural.

 

Os beneficiarios poden ser as entidades locais, como os concellos dos municipios situados na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional (Bueu, Ribeira, Vilagarcía de Arousa e Vigo); as entidades empresariais e empresarios que teñan a consideración de pequenas e medianas empresas, cuxa sede social ou a súa residencia estea na área de influencia socioeconómica e cuxa actividade principal se desenvolva nesta área; as persoas físicas residentes e empadroadas na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional, ou titulares dunha concesión da Illa de Ons; as institucións sen fins de lucro como as fundacións e asociacións e que teñan entre os seus fins a conservación ou uso sostible dos recursos naturais, de protección do patrimonio histórico- artístico ou de promoción da cultura tradicional; e por último, as entidades de dereito público cuxa actividade estea relacionada co aproveitamento ordenado destes recursos naturais renovables na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados