Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Sábado, 9 de junio de 2018
O PORRIÑO

Xunta e Concello presentan candidatura ao proxecto ‘Life’ da Unión Europea

Guardar en Mis Noticias.

Aborda o tratamento integral, estudo e seguimento dos terreos contaminados por lindano

O Concello do Porriño, xunto á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático do Goberno de Galicia, vén de presentar a candidatura ao proxecto ‘LIFE- Phytomanagement of peri-urban soils contaminated by lindane residues’ (‘Fitomanexo de chans periurbanos contaminados con residuos de lindano’), da Unión Europea.


O mesmo, no que participan a Universidade de Santiago de Compostela (USC), o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, ten coma obxectivos conquerir fondos e colaboración da Unión Europea para o tratamento, mediante ‘fitorremedazón’ dos terreos do Porriño contaminados por lindano; redacción dun protocolo de alerta temperá nos casos de detección de refugallos de lindano; xestión integral dos solos contaminados por estes refugallos; elaboración dun mapa preciso de detección de lindano en zonas periurbanas, ademais dunha xestión colaborativa na planificación urbana dos chans remediados.


A alcaldesa, Eva García de la Torre, que dende o primeiro intre asumiu a xestión e dirección das xestións feitas dende o Concello para atender ás veciñas e veciños do Contrasto afectados pola aparición de lindano, vén de asinar “o meu compromiso e o do Goberno local de contribuír, coma ata o dagora, cos medios necesarios para a posta en marcha deste proxecto, facilitar o acceso aos especialistas para que poidan traballar en terreos municipais, axilizar a tramitación de permisos e impulsar o tratamento da terra contaminada”.


As actuacións contempladas na candidatura deste proxecto LIFE, abranguen a caracterización hidroxeolóxica do terreo, a perforación e instalación de ‘piezómetros’ nas áreas seleccionadas coa finalidade estudar a calidade da auga subterránea, a aplicación de técnicas de fitorremediación e biorremediación, o seguimento da calidade do chan e da auga, con especial atención a os seus servizos eco-sistémicos e o seguimento do control do contaminante e a súa capacidade de biodegradación.


Doutra banda, dentro deste plan haberá unha replanificacion, que será consultada coas partes interesadas, para reorientar o uso dos terreos recuperados, elaborarase unha guía de orientación para veciños e propietarios sobre a contaminación por lindano e os resultados de todos os estudos se presentará, ademais de aos afectados, no Porriño, en seminarios nacionais e internacionais.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados