Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 6 de junio de 2018
MOS

O Celta asina convenios cos clubs deportivos de Mos

Guardar en Mis Noticias.

A Unión Deportiva Mos e o Club Louro-Tameiga beneficiaranse en diversos aspectos da colaboración con equipo e Fundación celestes.

[Img #41986]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes mosense, Baldomero Lorenzo, e os presidentes dos clubs deportivos Unión Deportiva Mos e Club Louro-Tameiga, Pablo Alonso Serodio e Patricio Farrapeira, respectivamente, acudiron esta mañá á sede do Real Club Celta en Vigo para asinar sendos convenios co Presidente do R.C. Celta, Carlos Mouriño, e co Director da Fundación Celta, Germán Arteta.


Cada un dos clubs mosenses asinou dous convenios de colaboración co Celta, un para a creación das Escolas Deportivas de Fútbol e outro para a posible incorporación de xogadores de diferentes categorías da U.D. Mos e do Club Louro aos equipos de Fútbol Base do Real Club Celta.


No caso dos convenios para a creación dunha Escola Deportiva e de Fútbol, mediante a súa sinatura a Fundación Celta comprométese a organizar unha escola de fútbol entre os meses de agosto e xuño de cada ano, desde a categoría prenemxamín á categoría infantil; con clases que se desenvolverán de luns a venres en horario de 17.00 horas a 21.00 horas.


A Escola realizarase no máis alto standard de actuación da Fundación Celta coa estruturación das sesións de adestramento enfocada a conseguir unificación de ideas e modelo de xogo. Implantarase a metodoloxía do modelo de tecnificación baseado en Categorías Inferiores do Real Club Celta e fomentarase a xeración de hábitos (escola de valores, nutrición, dirección de equipos…) así como obradoiros de formación continua a partir dunha implantación metodolóxica característica do R.C. Celta.


Haberá un responsable específico do departamento de coordinación deportiva do R.C. Celta para o control e seguemento do traballo realizado nos clubs mosenses e este monitor estará nas sesións de adestramento dos clubs alomenos unha vez á semana.


Os adestradores/monitores dos clubes de Mos tamén asistirán aos adestramentos do fútbol base do Celta en A Madroa para ver in situ e/ou participar activamente nas sesións.


Sempre permanecerá aberta unha canle de comunicación continua entre os clubes e o Celta para a valoración de accións comúns ao longo da tempada.


O convenio de Escola Deportiva e de Fútbol ten unha duración de tres tempadas, 2018-2019, 2019-2020 e 2020-2021, prorrogable.


Por outra banda, no caso dos convenios para a posible incorporación de xogadores de diferentes categorías da U.D. Mos e do Club Louro aos equipos de Fútbol Base do Real Club Celta, estes nacen do interese do Real Club Celta nos xogadores que os clubs mosenses veñen formando nas súas diferentes categorías e que o club celeste estaría interesado en incorporar aos seus equipos de Fútbol Base.


Coa sinatura destes convenios Unión Deportiva Mos e Club Louro Tameiga poñen a disposición do Celta aos xogadores adscritos aos seus equipos federados correspondentes ás categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil. A posta a disposición dos xogadores necesitará sempre do consentemento do club de orixe, dos xogadores e dos seus pais e/ou titores.


Este convenio de colaboración ten unha duración de tres tempadas dende a 2018-2019 á 2020-2021, ambas inclusive; e polo mesmo os clubes mosenses terán unha serie de prestacións ou vantaxes coma o acceso gratuíto aos partidos de Liga na grada de Gol para os xogadores das categorías de prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil e un pai ou responsable que acompañe ao grupo; un 10% de desconto nas tendas oficiais do Celta, entrada gratuíta ao Museo do Celta e descontos nos Campus de Verán e Escolas de Fútbol. Así mesmo o Celta comprométese a realizar talleres de formación de forma periódica para a actualización de conceptos entre adestradores dos clubes mosenses, que serán impartidos por técnicos titulados do Real Club Celta. Ademais o club celeste se compromete a realizar un Clinic de Fútbol dun mínimo dun día de duración en datas de Nadal ou Semana Santa e/ou un Campus de Verán FC de unha semana de duración como mínimo, entre os meses de xuño a agosto, durante cada unha das tempadas que dura o convenio.


Por último, e na medida que os compromisos adquiridos o permitan, o Celta participará nalgún torneo ou partido amistoso de fútbol base que organicen os clubs mosenses. E igualmente que estes poidan contar coa presenza dalgún directivo e/ou xogador da primeira plantilla do Celta en actos, xornadas e eventos de carácter deportivo que organicen a U.D. Mos e o Club Louro-Tameiga.

 

1 Comentario
Fecha: Jueves, 7 de junio de 2018 a las 10:27
manoel
y como siempre La Alcaldesa Deja fuera a un histórico del futbol en Mos como es el CD Alerta de Sanguiñeda. Vaya forma de discriminar.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados