Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 6 de junio de 2018
VIGO

Alfonso Rubio, novo Secretario Territorial da Xunta en Vigo

Guardar en Mis Noticias.

Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais e funcionario de Facenda releva a Yolanda Lesmes, directora de Recursos Humanos da área sanitaria de Ourense.

[Img #41994]

 

Alfonso Rubio Cordón incorporouse este martes, en comisión de servizos, coma novo secretario territorial da Xunta en Vigo. Sucede así no cargo a Yolanda Lesmes Romero, quen o pasado mes de abril incorporábase á Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín y O Barco (EOXI de Ourense) ao fronte da Dirección de Recursos Humanos.

 

Alfonso Rubio é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e funcionario do Corpo Superior da Xunta de Galicia, en excedencia especial como funcionario do Corpo Técnico da Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).

 

 

 

 

A Xunta destaca a plena consolidación do modelo das delegacións territoriais posto en marcha no 2009 e que supuxo un importante aforro dos custes de funcionamento

 

 

 

 

Desde 2013 ocupaba o posto de adxunto á delegada na Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) na Delegación da Xunta en Vigo. Con experiencia e cargos anteriores nas tres administracións públicas, destaca o súa etapa ao fronte da Subdirección Xeral do Instituto de Vivenda e Solo (IGVS). É ademais profesor asociado da Universidade de Vigo (UVigo).

 

Dende a Xunta destacan "a plena consolidación do modelo das delegacións territoriais posto en marcha no 2009, coincidindo coa chegada de Alberto Núñez Feijóo a presidencia da Xunta. Os datos reflicten que esta estrutura periférica non só supuxo un importante aforro dos custes de funcionamento, senón tamén unha clara mellora na labor de xestión para os cidadáns".   

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados