Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 8 de junio de 2018
TUI

Segunda proba do III Campionato Galego Inclusivo de Slalom de Motonáutica en Tui

Guardar en Mis Noticias.

Comezará ás 11.00 horas, no CETD de Tui, cun percorrido no río Miño, estilo slalom, sobre unha superficie dun cuarto de milla.

Tui volve a ser sede dunha das probas do Campionato Galego Inclusivo de Slalom de Motonáutica, organizado polo Club Sen Amarras, coa colaboración da Federación Galega de Motonáutica e do Concello de Tui, no que participarán deportistas con e sen discapacidade.


A cita será este sábado, a partir das 11.00 horas, dende as instalacións de piragüismo e remo de Tui. Trátase dunha competición de regularidade, na que os participantes deberán realizar un percorrido no río Miño, estilo slalom, sobre unha superficie dun cuarto de milla, con diferentes probas: recollida de pelota ou balón, fondeo da embarcación, marcha atrás, zona de aro, amarre e, por último, proba de lance.


A organización aproveitará ese día para realizar o curso para obter a licenza de navegación, tanto para persoas con e sen discapacidade. A inscrición previa realizarase no teléfono do Club Sen Amarras  692 51 66 38.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados