Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Domingo, 10 de junio de 2018
VIGO

O Consorcio Casco Vello de Vigo adquire o solar de Elduayen 31

Guardar en Mis Noticias.

Cunha superficie de 231 metros cadrados, conta con licenza de rehabilitación, pero tan só se realizou a demolición da vivenda preexistente e parte da cimentación.

[Img #42009]O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), participado nun 90 por cento pola Xunta de Galicia e nun 10 polo Concello de Vigo, acaba de adquirir o solar situado na rúa Elduayen 31 de Vigo.

 

Segundo informou esta semana o delegado da Xunta en Vigo e presidente do Consorcio, Ignacio López-Chaves, o terreo conta cunha superficie de 231 metros cadrados, dos que 125 corresponderían á superficie edificada. Ata o de agora, unicamente se procedeu á demolición da vivenda preexistente e parte da cimentación.

 

Neste solar, que ten tamén saída á rúa Ferrería, existía con anterioridade unha vivenda, de planta baixa e dous pisos, que foi demolida polos anteriores propietarios. Agora será rehabilitada para crear na mesma vivendas de protección autonómica, de acordo cos obxectivos fundacionais deste organismo.

 

 

 

 

Asemade, o CCVV completou hoxe a venda de Subida ao Castelo 12

 

 

 

 

Con esta última operación de compra, ata o momento actual o Consorcio do Casco Vello de Vigo leva adquiridos 75 inmobles, dos que 58 xa foron rehabilitados e tres están en execución. Rehabilitáronse 104 vivendas, das que 88 foron vendidas e 10 están ocupadas en réxime de alugueiro. Tamén se rehabilitaron 32 locais comerciais, dos que se venderon 6 e 12 están ocupados en réxime de alugueiro, estando os 17 restantes en fase de adxudicación.

 

Asemade, esta mañá o presidente do CCVV firmou a venda da última das vivendas de Subida o Castelo 12 completando así a promoción. As catro vivendas que se crearon teñen superficies comprendidas entre os  55 e os 76 metros cadrados útiles. Distribuídas en dúas plantas, todas teñen acceso directo desde a rúa e dúas delas contan cun pequeno xardín posterior, en tanto que as outras teñen balcóns abertos cara á rúa que dá nome á promoción. Os prezos dos inmobles oscilaron entre os 95.000 e os 125.000 euros.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados