Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 8 de junio de 2018
NIGRÁN

O Concello de Nigrán abre hoxe o prazo para presentar candidaturas ao III Plan de Becas Municipais

Guardar en Mis Noticias.

O extracto das bases foi publicado hoxe no BOP e está dispoñible na sede electrónica do Concello de Nigrán.

O Concello de Nigrán abre dende hoxe o prazo para participar na segunda convocatoria do III Plan de Becas Municipais tras ser publicado hoxe o extracto das bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP), dando un prazo de 15 días. Estas novas bases foron modificadas co voto favorable de toda a corporación no derradeiro pleno extraordinario do 16 de maio.  Tódalas bolsas son para empadroados no Concello e están destinadas á formación de auxiliares administrativos nos diferentes departamentos municipais.

 

O obxectivo deste cambio foi abrir o abano a posibles persoas interesadas que actualmente non cumpren os requisitos (para este III Plan tan só se presentaron 3 candidatos á oferta de 7 prazas, e finalmente só se cubriu unha). Así, o cambio nos requerimentos mínimos permite que se presenten aquelas persoas que remataron os estudos no 2012 ou con posterioridade, rebaixase a 60 o número mínimo de días en desemprego nos derradeiros 24 meses, permítese ata 186 días de experiencia laboral dende 2012 na categoría da titulación requirida para estas becas (ata agora non se permitía nada de experiencia) e, finalmente, engádense como válidas as titulacións universitarias da rama de xestión. “Decidimos introducir estas modificacións porque coas bases anteriores non se cubriu o número de prazas ofertadas, polo que entendemos que seguramente os requerimentos eran moi limitantes”, sinala o alcalde, Juan González, quen incide en que precisamente este ano se  ampliou de 6 a 7 o número de beneficiarios.

 

Como nas derradeiras edicións, poderían optar ás becas  titulados do municipio que se atopen en situación de desemprego, sendo a duración de 6 meses prorrogables a outros 6 e as condicións económicas de 800 € brutos ao mes en xornada completa.  Os titores serán os funcionarios responsables de cada ámbito.

 

O Departamento de Desenvolvemento Local (986365000-Extensión 7 ou tle.nigran@nigran.org) ofrece maior información ao respecto a todo aquel interesado en presentar a súa candidatura.

 

"Tendo en conta a dificultade para acadar un emprego hoxe en día, dende o Concello temos o deber de facilitar a adaptación dos desempregados de Nigrán ao mercado laboral ampliando a súa experiencia e formación", resume o alcalde, Juan González. Así, o obxectivo final é que os beneficiarios acaden unha importante vantaxe competitiva á hora de optar ás distintas ofertas laborais existentes tanto na administración pública como na empresa privada. Partindo destas premisas iniciais, o Concello de Nigrán, consciente da situación laboral que está a vivir boa parte da sociedade, ten posta en práctica distintos mecanismos para contribuír a mellorar a inserción dos seus veciños, sendo a convocatoria destas becas un paso máis neste mesmo senso.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados