Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Viernes, 8 de junio de 2018
Mos

Xuventudes socialistas de Mos declara a sede do PSdeG-PSOE espazo libre de LGTBIFOBIA

Guardar en Mis Noticias.

[Img #42021]

Xuventudes socialistas de Mos manifestou o seu apoio ao colectivo LGTBI do concello de Mos, a organización moza xunto co partido socialista de Mos tomou a decisión de declarar a sede local espazo libre de LGTBIFOBIA facendo patente o compromiso que ambas organizacións teñen na loita contra a discriminación por orientación sexual ou identidade de xénero.

 

As mozas e mozos de xuventudes socialistas de Mos veñen de presentar no rexistro do concello unha petición para que como en moitos outros concellos se expoña a bandeira multicor simbolicamente na fachada do concello durante a última semana de Xuño, e así mostrar o apoio a un colectivo, que especialmente no rural, precisa unha maior visibilidade e apoio. Alejandro Figueroa secretario xeral de xuventudes socialistas de Mos manifestou que "este xa é o segundo ano que presentan a petición ao goberno sen recibir ningunha resposta e nesta ocasión de repetirse será a propia organización a que tome a iniciativa".

 

Foi o pasado sábado 2 de Xuño cando a organización xunto coa voceira no consistorio mosense, Patricia Pérez e Victoria Alonso secretaria xeral, dos socialistas de Mos, fixeron a declaración de espazo libre de LGTBIFOBIA na sede do PSdeG-PSOE de Mos.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados