Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Viernes, 8 de junio de 2018
Tui

As axudas de Emerxencia contemplan achegas para enseres domésticos, alimentos, vestiario ou vehículos

Guardar en Mis Noticias.

Serán aprobadas o luns en Xunta de Goberno Local e o prazo para solicitalas estará aberto ata o 30 de novembro

O Concello de Tui habilitou un Fondo de Emerxencia dun millón de euros con cargo ao remanente de tesourería, aprobado por unanimidade no pleno do pasado 31 de maio. Con cargo a este Fondo o concello vai conceder unha serie de axudas cuxa finalidade é “dar unha resposta rápida e inmediata ás necesidades das persoas ou unidades familiares que se atopen nunha situación de carencia urxente, trala explosión de Paramos, para que poidan evolucionar cara á súa autonomía e integración social”

 

As bases reguladoras para a concesión destas axudas contemplan prestacións de carácter económico para situacións de emerxencia social para os damnificados pola explosión de Paramos. En concreto contémplanse achegas de ata un máximo de 3.200€ para a mellora da habitabilidade da vivenda habitual por destrución ou danos nos enseres domésticos de primeira necesidade afectados pola explosión;  até un máximo de 2 mil euros para necesidades básicas de alimentos, vestiario e calzado, gastos sanitarios ou sociosanitarios e até un máximo de 3 mil euros para a adquisición ou aluguer de vehículos ou gastos de desprazamento en transporte público.

 

Estas bases reguladoras serán aprobadas o próximo luns, 11 de xuño, na Xunta de Goberno Local.

 

Nos criterios de valoración terase en conta os ingresos netos da unidade familiar, recolléndose que cando os ingresos anuais netos non superen o IPREM incrementado nun 100% para unidades familiares dun ou dous membros, no 140% para unidades de 3 ou 4 membros, no 180% para unidade familiares de máis de 4 membros, concederase até o 100% das axudas establecidas, mentres que se se supera en dúas veces e media esas cantidades non haberá dereito a subvención. 

 

 

O alcalde amosa a súa disposición a acudir ás asembleas dos afectados

 

Por outra parte o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, amosou aos representantes da Asociación de Afectados Paramos-Guillarei a súa disposición a acudir ás asembleas que celebren con veciños para clarexar as dúbidas que estes poidan ter.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados