Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 8 de junio de 2018
MOS

Mos recoñece os éxitos deportivos das categorías base da Unión Deportiva Mos esta tempada

Guardar en Mis Noticias.

Os alevíns ascenderon a Primera Autonómica e os prebenxamíns e benxamíns quedaron campións e subcampións de Copa, respectivamente.

[Img #42028]

 

A Corporación Municipal mosense recibiu no Salón de Sesións do Concello aos nenos dos equipos Alevín, Prebenxamín e Benxamín da Unión Deportiva Mos “para recoñecer os bos resultados acadados na Liga que recentemente acaba de concluir”, segundo declararon a Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Deportes, Baldomero Lorenzo.


Os xogadores, que veñen de realizar unha fantástica tempada, acudiron á recepción acompañados dos seus pais e nais, do presidente da U.D. Mos, Pablo Alonso Serodio, do director deportivo do club, Cristian Taibo, e dos seus adestradores.


O equipo de alevíns quedou subcampión de Liga logrando o ascenso a Primeira Autonómica, máxima categoría nestas idades. Pola súa banda os prebenxamíns e benxamíns, que xa xogan en Primeira Autonómica, quedaron campións e subcampións de Copa, respectivamente. Ambos xogaron a final contra o Val Miñor.


Ademais os prebenxamíns disputaron a Fase Final do Campionato Galego quedando en terceira posición.


A pesar do duro e bo traballo realizado esta tempada, tanto o equipo Prebenxamín como o Benxamín da Unión Deportiva Mos, aínda non comezan o seu descanso deportivo, e participarán esta fin de semana no XV Torneo Fútbol Base de Ribadeo (Lugo).


[Img #42026]Presidente e director deportivo do club, Alonso Serodio e Taibo, destacaron que “o recoñecemento municipal dos éxitos deportivos acadados por estes cativos nesta última tempada ven a reforzar a aposta deportiva que dende a U.D. Mos facemos polas categorías base”.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados