Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 11 de junio de 2018
NIGRÁN

Os colexios participantes na 'XIX Carreira Solidaria' entregan 1.325 euros para as familias necesitadas do municipio

Guardar en Mis Noticias.

[Img #42030]

 

Representantes de alumnos e profesores dos centros de Educación Especial de Panxón, CPI de Panxón, Escola de Educación Infantil As Dunas (Panxón) e  colexio A Cruz (Camos) entregaron a semana pasada nos Servizos Sociais do Concello de Nigrán 1.325 euros en vales de supermercado recaudados na XIX Carreira Solidaria. O xa tradicional evento deportivo, organizada polo colexio público de Panxón con motivo da Semana da Paz, contou un ano máis con cadanseu patrocinador adulto por corredor (este 'padriño' paga un prezo previamente acordado entre eles por cada volta ao circuíto completada). O diñeiro recadado, como é habitual, destinouse íntegramente a vales de supermercado que o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán distribuirá entre as familias que o precisan, sendo especialmente indicados para a compra de produtos frescos.

 

"Estamos moi  orgullosos desta iniciativa que ano a ano promove na nosa infancia valores como a solidariedade a través da práctica deportiva, por iso damos especialmente as grazas ao docentes pola organización e aos nenos pola súa participación imprescindible", manifestou o alcalde, Juan González, na recepción.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados