Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 8 de junio de 2018
O PORRIÑO

O PP denuncia que "o Goberno Municipal renuncia ás axudas autonómicas para a prevención de incendios"

Guardar en Mis Noticias.

Os populares aseguran que "a coalición PSOE-UDDL segue apostando pola privatización destes servizos asignando contratos 'a dedo' a empresas privadas mentres mantén a súa maquinaria e recursos parados e renuncia ás axudas autonómicas que lles corresponden para a defensa contra os incendios forestais".

[Img #42046]

 

"O Goberno Municipal do Porriño continúa facendo unha política en contra dos intereses dos cidadáns para beneficiar a empresas privadas, gastando o que non ten e endebedando ao Concello" explican dende o PP local.


"Pese ao elevadísimo e inxustificado gasto en desbroces e limpeza viaria, máis de tres millóns de euros que están a ser investigados xudicialmente, a coalición PSOE-UDDL segue apostando pola privatización destes servizos, contratando empresas privadas a para a limpeza e mantemento dos viais municipais, mentres o persoal propio e a maquinaria municipal está parada e sen funcións. A barredora e o tractor propiedade do Concello permanecen aparcados mentres os porriñeses e porriñesas pagamos para que empresas privadas dispoñan a súa maquinaria e persoal  para estes traballos" aseguran.


Para os populares "chama a atención a incapacidade do Goberno do Porriño para optimizar e xestionar os recursos propios e públicos escudándose na loita contra lume e a prevención. Mentres se vacían as arcas municipais pagando a empresas privadas, o executivo PSOE-UDDL renuncia ás axudas autonómicas que lles corresponden para a  defensa contra os incendios forestais. En base ao convenio subscrito entre a Consellería do Medio Rural e as entidades locais de Galicia, o Concello do Porriño podíase acoller a tres axudas non só para facer frente ao lume, sobre todo para traballar en materia de prevención. Pese a ser informados dende a propia consellería, o goberno do Porriño renunciou a solicitar ningunha das tres modalidades que oferta este convenio. Dixo non a incorporar un vehículo motobomba, dixo non aos fondos para realizar tratamentos preventivos e, o que máis sorprende, dixo non aos fondos para contratar tanto ás brigadas de intervención e extinción, como ás de prevención, para rozas e desbroces.  En definitiva, dixo non a unha máis barata, eficaz e eficiente  para seguir engordando o desmesurado e inxustificable gasto en desbroces e limpieza viaria en favor de empresas privadas".

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados