Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 8 de junio de 2018
DEPORTES

A Deputación de Pontevedra celebra este domingo a II Regata Provincial de piragüismo

Guardar en Mis Noticias.

A actividade, dirixida a alevís e benxamíns, dará comezo as 11:30 h e contará coa participación de 79 nenas e 172 nenos dun total de 21 clubs.

[Img #42051]

 

A Deputada de Deportes, Chelo Besada, acompañada do Presidente da Federación Galega de Piragüismo, José Alfredo Bea, presentou hoxe no Pazo Provincial a II Regata Provincial da Deputación de Pontevedra, que se celebrará este domingo na praia Pontesampaio como clausura ás Deporte Escolas de Piragüismo deste curso 2017-2018. A actividade, dirixida a alevís e benxamíns, dará comezo as 11:30 h e contará coa participación de 79 nenas e 172 nenos dun total de 21 clubs.

 

Durante a presentación, a deputada provincial amosou unha vez máis a súa satisfacción ao colaborar coas iniciativas e actividades deportivas da provincia destacando que “dende a institución traballamos continuamente para impulsar e apoiar todo tipo de acción deportiva, xa que é unha actividade fundamental e prioritaria para o ben da sociedade”.

 

As escolas de piragüismo da provincia contaron este ano coa participación de arredor de 264 alumnas e alumnos, dos que o 30% foron nenas, e 52 monitoras e monitores. Durante o 2017/2018, habilitáronse 25 escolas nos seguintes concellos da provincia: Cambados, Cangas, Catoira, O Grove, A Illa de Arousa, Marín, Mondariz, Poio, Pontecesures, Pontevedra, Ribadumia, Tomiño, Tui, Vigo, Vilaboa e Vilagarcía de Arousa.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados