Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Sábado, 9 de junio de 2018
O Porriño

Atios celebra a XXIX Festa do Monte o domingo 10 de xuño

Guardar en Mis Noticias.

[Img #42054]

 

A área recreativa da Veiguiña, un fermoso paraxe natural encravado no corazón do monte comunal de Atios, acolle o vindeiro domingo unha nova edición da Festa do Monte, que orixinalmente era coñecida como Festa da Árbore. Como manda a tradición, iniciada hai xa 29 anos, a celebración ten lugar o segundo domingo do mes de xuño. Trátase dunha xornada para disfrutar da natureza nun ambiente lúdico e festeiro. Comuneiros, veciños en xeral e todos os que queiran visitarnos está convidados a participar nos distintos actos programados. Só falta que o tempo acompañe!

 

Neste ano repetimos o programa de actividades da anterior edición. Ás 9:00 comeza a 2ª Andaina pola ruta dos muíños, que parte da igrexa e percorre por paraxes de gran beleza natural e etnográfica. Un chisco despois, na área recreativa, xa estará o pulpeiro preparado servir as primeiras tapas de polbo, a carón do bar da comisión de festas de San Bieito, que este ano organiza o barrio dos Galegos, o Rial e A Torre. Dende as dez da mañá xa se sentirá o ambiente festeiro coa música da charanga Nova Jomada, un grupo de nove músicos mozos de Salceda que actuou no pasado Festival de Cans.

 

As 10:30 será a misa de campaña, oficiada polo párroco de Atios, e despois é momento de poder disfrutar das últimas pezas e bailes das cantareiras e do grupo de danza e gaitas dos Penediños de Atios. Os máis cativos non se aburrirán xa que dende primeira hora estará instalado un inchable.

 

Ás doce e media a xunta de montes ofrece un xantar aos presentes. Petiscos variados e viño branco elaborado por colleiteiros de Atios. Quen queira poderá xantar nunha das trinta mesas cos seus bancos de pedra que hai na área recreativa da Veiguiña. É preciso facer a reserva o día anterior, o sábado, entre as once da mañá e a unha da tarde. Se as condicións o permiten será posible usar os asadeiros que están instalados na área recreativa.

 

Xa pola tarde entregaremos os premios aos gañadores do concurso escolar que dende hai xa moitos anos organizamos en colaboración coa directiva do colexio público de Atios. Os traballos estarán expostos ao carón da caseta. Logo é a quenda dos xogos populares, nos que poden participar nenas, nenos e maiores. A empresa Cóxegas será a encargada de animar aos participantes para que todos disfruten dos xogos (sesión de maquillaxe, busca do tesouro, xogos tradicionais, etc.)

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados