Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Sábado, 9 de junio de 2018
PONTEAREAS

O XIX Trofeo Amizade de natación reúne en Ponteareas a máis de 280 nadadores e nadadoras

Guardar en Mis Noticias.

A concellería de Deportes, dirixida polo socialista Benito Márquez, colabora e apoia esta proba emblemática para Ponteareas.

[Img #42058]

 

O trofeo Amizade celebra a súa XIX edición este sábado no Complexo Deportivo Álvaro Pino de Ponteareas en colaboración coa Concellería de Deportes que dirixe o socialista Benito Márquez.

 

Esta proba manterá a súa tradicional estrutura en dobre sesión de mañá e tarde e inclúe múltiples distancias e estilos para que os nadadores poidan elixir a súa proba individual, e tamén se disputarán relevos por equipos. A sesión de mañá comeza ás 11 horas e a de tarde ás 17 horas. Unha hora antes a piscina estará a disposición dos nadadores para facer os exercicios de quecemento.

 

A inscrición de 281 nadadores de trece equipos diferentes reflexa a boa acollida que esta proba ten na familia da natación de competición galega.

 

O sistema de cronometraxe electrónico permite que os nadadores e nadadoras poidan homologar as marcas conseguidas este sábado para participar tanto en campionatos autonómicos como nacionais. Conseguir estas marcas mínimas será un dos alicientes do torneo; o outro será facerse cos primeiros postos do pódium masculino e feminino, premiados co Trofeo Concello de Ponteareas para os nadadores máis completos por puntuación fina.
    

 

Cabana, Carla Faro, Andrea Domínguez, Lucas Costa, Laura Rodríguez, Marcos Martínez ou Javier Alonso xusto antes de viaxar a Sevilla onde participarán no Campionato de España de Natación en Augas Abertas”, sinalou Benito Márquez, concelleiro socialista de Deportes.

 

A entrada é de balde e o club anima a todo o público a presenciar en directo a proba e dar apoio aos seus equipos, en especial ao CN Ponteareas.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados