Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Domingo, 10 de junio de 2018
MOS

A Comunidade de Augas Mina do Ferreiro de Guizán mellora as súas instalacións

Guardar en Mis Noticias.

Entre 2017 e 2018 a Xunta de Galicia concedeulle preto de 23.000 euros.

[Img #42064]

Esta semana a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e concelleiros/as do equipo de goberno local visitaron a Comunidade de Augas Mina do Ferreiro en Guizán e comprobaron o gran labor de coidado que está a facer nas suas instalacións. Os representantes municipais, acompañados da directiva da Comunidade de Augas, puideron comprobar de primeira man os resultados dos traballos de mellora; acometidos grazas ás subvencións dos anos 2017 e 2018 do Plan Específico de Acción Comunitaria destinado a asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia da Vicepresidencia, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia.


Ademais trataron a finalidade da axuda que lles foi concedida con cargo a este mesmo Plan de Acción Comunitaria no presente 2018, e que ascende a un total de 10.764,78 euros, que non será outra que a realización de obras de mellora na traída de augas, consistentes no cambio de 10 arquetas de formigón que, polo paso do tempo (teñen máis de 40 anos), atopábanse moi deterioradas presentando roturas. Ademais pretenden levar a cabo o arranxo do pozo de bombeo e a alambrada que o rodea. Polo tanto, as actuacións a realizar son: a retirada de 10 arquetas de formigón deterioradas e substitución por outras novas do mesmo material ou de fundición, segundo necesidade; desmontar o peche do pozo de bombeo, retirando os escombros, e realizar de novo a cimentación, bloque de formigón, postes e tela metálica; e subministro e colocación de dous postes para tendido eléctrico.


No ano 2017 a subvención autonómica de 12.000 euros foi destinada a mellorar as instalacións do depósito da auga para mellorar a calidade da mesma e o servizo aos comuneiros. Mediante esta obra colocouse panel sándwich no depósito e pintouse o interior do local e da entrada do depósito, así como realizouse o pintado exterior e instalación de canalóns de aluminio como baixante. Tamén se aplicou impermeabilizante e instalouse un contador de auga á saída do depósito cos seus correspondentes accesorios. Mellorouse o cuarto de máquinas anexo ao depósito existente con plancha e peche de formigón e cuberta de panel de sándwich de 4 centímetros sobre estructura galvanizada. Ademais, dotouse dun equipo clorímetro para saneamento de depósito e instaláronse 22 contadores de auga.


En total a Xunta destinou á Comunidade de Augas Mina do Ferreiro 22.764,78 euros entre o pasado ano 2017 e o actual 2018.


A alcaldesa destacou na súa visita de onte pola tarde “a importancia destas actuacións e o tesón e o esforzo da Comunidade de Augas Mina do Ferreiro para conseguilas”, destacando a “valía das comunidades de augas e o seu papel vital á hora de construír un Mos mellor”.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados