Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 12 de junio de 2018
O PORRIÑO

A alcaldesa e veciños da ‘Zona Cero’ manteñen unha xuntanza co presidente da Confederación Hidrográfica

Guardar en Mis Noticias.

[Img #42070]

 

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, xunto coa concelleira de Seguridade, Lourdes Moure, e veciños da ‘Zona Cero’ do Contrasto mantiveron este pasado venres unha xuntanza en Ourense co presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, coa finalidade de tratar, entre outros temas, a situación actual das vivendas deste lugar da parroquia de Torneiros, na que apareceron refugallos de lindano, e entremediar en relación co selado dos pozos das mesmas.  


Francisco Marín escoitou os argumentos das veciñas e veciños e as explicacións da alcaldesa, quen solicitou que a Confederación Hidrográfica non procederá a selar os pozos ata que non se rematasen as obras que van a levar a rede municipal de abastecemento de auga ata todas as casas do Contrasto.


Marín amosou o seu interese polas opinión que se lle expuxeron e expresou a súa conformidade a que aqueles veciños que non teñan problemas coa calidade da auga, poidan legalizar os seus pozos.


Rematada a reunión, a alcaldesa convocou unha xuntanza con todas as veciñas e veciños o vindeiro martes, día 12, ás 8 e media da tarde, na Asociación San Salvador de Torneiros, para “explicarlles polo miúdo o contido da reunión co presidente da Confederación Hidrográfica, escoitar as súas propostas e respostar ás súas preguntas”.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados