Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 13 de junio de 2018
MOS

Emigración felicita ao Concello de Mos polo acto sobre emigración do pasado sábado

Guardar en Mis Noticias.

Antonio Rodríguez Miranda participou así da programación das Festas da Rosa.

[Img #42127]

 

O pasado sábado, 9 de xuño, e dentro do programa das Festas da Rosa 2018, o auditorio do Centro Dotacional de Torroso acolleu un acto sobre emigración ao que asistiron Antonio Rodríguez Miranda, Secretario Xeral de Emigración, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos e Sara Cebreiro, concelleira de Cultura e Política Social mosense.


Tamén estiveron presentes os compoñentes dos grupos de gaitas que participaron nos actos oficiais da celebración do Centenario da Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires, “Xulio Lorenzo & Banda” e “A Vacaloura Vermella”, e unha parella do Grupo de Baile Nosa Terra de Pereiras.


O acto contou co concerto estrela de Andrea Pousa, ‘Un verso, un cantar’ e pechouse coa interpretación do Himno de Mos a cargo de Xulio Lorenzo.


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, salientou a importancia que ten a preservación e o reforzo dos vínculos entre a Galicia territorial e a exterior para a construción dun país unido e forte. O responsable autonómico quixo referendar a súa aposta polo papel imprescindible que fan as entidades galegas do exterior na transmisión de valores, cultura e tradicións de Galicia durante o acto homenaxe á emigración que se celebrou onte á tarde no concello de Mos dentro do programa festivo das Festas da Rosa.

 

 

 

 

O responsable reiterou os seus parabéns á Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires, que visitou na súa derradeira viaxe á Arxentina, no ano do seu centenario

 

 

 


“Isto é un win/win. Desde o Goberno galego quere aproveitar o papel fundamental que teñen as comunidades galegas no exterior para manter a nosa aposta por unha forma de facer as cousas na que todos gañamos. As entidades seguen a ser o noso mellor vehículo de transmisión da lingua, a cultura e a identidade galegas, pero tamén doutra parte máis práctica, a das medidas e axudas que a Xunta ten á súa disposición”, asegurou Miranda. “A cambio, estes lazos coa terra de orixe permiten a moitos galegos gozar das facilidades que pon o Goberno galego ao seu alcance para o seu retorno”, afirmou o responsable autonómico.


Unha aposta por preservar os lazos
O secretario xeral da Emigración quixo reiterar os seus parabéns a un dos centros galegos no exterior que mellor encarnan o éxito desta aposta por conservar os vínculos coa terra de orixe, a Asociación de Residentes de Mos de Bos Aires, que está a celebrar o seu centenario. Miranda felicitou, así mesmo, ao Concello de Mos “por acordarse dos de alá e telos moi presentes no día da súa gran celebración, como parte da familia, porque é correspondencia xusta co sentir dos de alá, que despois de cen anos seguen a manter viva a chama da galeguidade”. “En Galicia, nos días de celebración sempre nos acordamos dos fillos que están fora, e témolos presentes”, concluíu o titular da Secretaría Xeral da Emigración. Antonio Rodríguez Miranda aproveitou a súa derradeira viaxe á Arxentina, a principios do pasado mes, para visitar a sede da entidade, á que fixo entrega dunha placa conmemorativa dos seus cen anos de vida.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados