Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 12 de junio de 2018
PROVINCIA

Máis de 4.000 persoas maiores da provincia gozarán este ano do programa Depotermal 2018

Guardar en Mis Noticias.

“Temos unha poboación moi envellecida e polo tanto temos que ter recursos para fomentar un envellecemento activo e unha mellor calidade de vida”, asegurou a presidenta.

[Img #42133]

 

A Deputación de Pontevedra aprobou, en Xunta de Goberno, a adxudicación e concesión de prazas do programa Depotermal 2018, pola que un total de 4.058 persoas maiores da provincia gozarán desta iniciativa, na que a institución provincial inviste 52.240 euros. “Certamente temos unha poboación moi envellecida, e polo tanto, temos que ter recursos e programas coma este Depotermal que permitan aos máis maiores ter un envellecemento activo e coa mellor calidade de vida posible”, salientou a presidenta Carmela Silva.

 

Ao igual que nas anteriores edicións, Depotermal conta con dúas modalidades: unha diúrna, mediante a que as persoas beneficiarias asisten aos establecementos termais durante cinco días consecutivos, e outra con pernoita, a través da que se ofrece unha estancia de seis días e cinco noites. Da asistencia diúrna, segundo a adxudicación aprobada hoxe, vanse aproveitar 1.180 persoas, mentres que con pernoita haberá 2.878 persoas. En total, son 4.058 persoas beneficiarias. Deste total de prazas, a Deputación de Pontevedra financia integramente máis de 400 prazas para que familias en situación e/ou risco de exclusión social se poidan beneficiar desta iniciativa.

 

Depotermal 2018 vaise desenvolver nun total de 11 establecementos termais da provincia. En Sanxenxo están o Spa Carlos I Silgar, Gran Hotel Talaso, Spa Nueva Astur Vilalonga e Hotel Galatea. No Grove participan o Balneario Eurostars Illa da Toxa e o Hotel Louxo A Toxa. Os outros establecementos son o Balneario de Mondariz, o Balneario Termas de Cuntis, o Talaso Atlántico de Oia, o Balneario Baños de Brea en Vila de Cruces e o Spa Vía Argentum en Silleda.

 

O plan de termalismo social Depotermal ten por finalidade dous obxectivos. Por un lado, fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores, establecendo novas relacións sociais e favorecendo a participación en actividades sociais, promovendo así espazos de encontro e intercambio de experiencias. Por outro lado, Depotermal tamén pretende ser un plan dinamizador da economía da provincia, a través do que se impulsa a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade, desestacionalizando así a demanda.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados