Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 13 de junio de 2018
Galicia

Santiago de Compostela sede da Supercopa Endesa 2018

Guardar en Mis Noticias.

Mañá xoves 14 de xuño asinarase o acordo para a celebración da Supercopa Endesa 2018 en Santiago de Compostela. Monbus Obradoiro (anfitrión), FC Barcelona Lassa (campión da Copa do Rei), Real Madrid (campión da Euroliga) e Kirolbet Baskonia (clasificado a través da Liga Endesa) competirán polo título no torneo inaugural da próxima temporada 2018-19

 

O Concello de Santiago de Compostela acollerá este próximo xoves 14 de xuño (12:00 h) a firma do contrato para a celebración da próxima edición da Supercopa Endesa, tras o acordo ao que chegaron a ACB e o Concello. Así, o Fontes do Sar acollerá o torneo que decidirá o primeiro título oficial da temporada 2018-19.

 

A sinatura do acordo realizarase no Concello de Santiago coa presenza de Martiño Noriega, alcalde da cidade; José Miguel Calleja, director xeral da ACB; Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña; Miguel Temboury, director xeral territorial Zona Noreste de Endesa; Raúl López, presidente do Monbus Obradoiro, e Noa Morales, concelleira de Deporte de Santiago.

 

A Supercopa Endesa de Santiago de Compostela 2018 disputarase entre o 21 e o 22 de setembro, datas supeditadas á confirmación por parte da Asemblea Xeral ACB.

 

Ademais, a nómina de participantes xa está completa. Son os seguintes: Monbus Obradoiro, en condición de anfitrión; FC Barcelona Lassa, como campión da Copa do Rei Gran Canaria 2018; Real Madrid, como campión da Euroliga 2017-18, e Kirolbet Baskonia, que está disputando as semifinais da Liga Endesa.

 

A praza que quedaba vacante para disputar a Supercopa Endesa 2018 correspóndelle ao campión da Liga Endesa. Se este fora un de los equipos xa clasificados para a Supercopa Endesa, ocuparíaa o subcampión. E se este tamén tivera xa praza, a vacante ocuparíaa o mellor clasificado da liga regular. Dado que a final só a poden disputar xa Real Madrid, FC Barcelona Lassa e Kirolbet Baskonia, e os dous primeiros teñen praza asegurada, o conxunto baskonista ve garantida así a súa participación no torneo como campión, subcampión da Liga Endesa ou mellor clasificado da liga regular (foi segundo, por detrás do Real Madrid).

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados