Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Martes, 12 de junio de 2018
MOS

AKÍ Mos regala 4.000 rosas na víspera da festa local

Guardar en Mis Noticias.

A empresa agasalla coa flor mosense por excelencia ós veciños e veciñas do Concello que fagan calquera adquisición na tenda de Amieirolongo

[Img #42149]Esta mañá realizouse a campaña que a tenda AKÍ de Mos inicia con motivo das Festas da Rosa. O acto de presentación celebrouse ás 12.00 horas na propia tenda situada en Amieirolongo, Estrada Nacional 550 O Porriño-Redondela; e nel estiveron presentes a  concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, os responsables de departamento e un encargado de sección de AKÍ Mos, e o traballador de AKÍ veciño de Mos que colaborou, xunto co director da tenda, en idear e deseñar esta iniciativa.

 

 

[Img #42148]A campaña presentada consiste en que, ata fin de existencias, os clientes mosenses de AKÍ Mos reciben unha rosa como agasallo por calquera compra realizada. Esta iniciativa surxiu ante o interese da empresa AKÍ por involucrarse nos costumes locais e, neste caso en concreto, por apoiar a Festa da Rosa, unha das tradicións locais de maior relevancia. O AKÍ de Mos permanecerá pechado ó público mañá mércores, 13 de xuño, Día da Rosa e festivo local, demostrando así de novo o seu respecto polos costumes municipais.

 

[Img #42150]

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados