Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Miércoles, 13 de junio de 2018
GALICIA

A Xunta presenta á convocatoria europea ‘Life’ un proxecto para mapear e tratar os solos contaminados por lindano

Guardar en Mis Noticias.

A Consellería de Medio Ambiente asumirá a coordinación da iniciativa, para a que conta coa participación da Universidade de Santiago, o CSIC e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, que colaborarán aportando medios propios.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, presentaba onte á súa candidatura á convocatoria de axudas europeas LIFE cun proxecto para mapear e tratar os solos periurbanos contaminados por residuos de lindano. A iniciativa está liderada pola Xunta, que asume o papel de coordinadora, e tamén conta coa participación e apoio da Universidade de Santiago (USC), o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, que -no caso de que se conceda dita axuda- comprometen para levar adiante o proxecto recursos propios.

 

Baixo o título Life OfflLindane, o obxectivo é proceder á fitorremediación dos solos afectados por lindano como medio para minimizar a medio prazo a presencia deste residuo tanto na terra como no medio hídrico, co fin de mellorar a calidade deses solos contaminados.

 

A través da execución do proxecto, procederase tamén a realizar un mapeo exhaustivo da localización de residuos de lindano naqueles puntos nos que se ten localizado a presenza desta substancia. Tras esta mostraxe, ensairanse solucións de fitorremediación en solos nos que se detectara a presencia desta substancia co fin de buscar a súa restauración ecolóxica, de forma que se evite o selado dos mesmos e se garanta a súa sustentabilidade funcional.

 

 

 

 

O proxecto co que o Goberno galego aspira a captar axudas europeas conta cun orzamento total de case 2 millóns de euros a executar nun período de 5 anos

 

 

 

 

A fitorremediación consiste no emprego de plantas e dos seus microorganismos asociados para a mellora funcional e a recuperación de solos contaminados. Este método baséase nos procesos naturais mediante os cales as plantas e a microbiota asociada ás súas raíces degradan ou secuestran os contaminantes.

 

Trátase dunha técnica beneficiosa para o medio ambiente a través do cultivo de plantas e ao mesmo tempo, é un método efectivo de recuperación da calidade do solo que pode resultar ata 3 veces máis económico que as accións de remediación clásicas e máis tradicionais (encapsulamento e traslado do residuo). O proxecto enmárcase dentro das prioridades do programa de traballo plurianual LIFE, un instrumento financeiro da Unión Europea dedicado ao medio ambiente para o período 2018-2020.

 

O importe total do proxecto que vén de presentar a Consellería ascende a case 2 millóns de euros (1.976.020 €) e o prazo de execución é de 5 anos.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados