Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 12 de junio de 2018
PROVINCIA

Esgotadas en dúas horas as prazas dispoñibles para as visitas teatralizadas ao Castelo de Sobroso

Guardar en Mis Noticias.

Dona Urraca e Pedro Madruga serán os protagonistas das visitas, dirixidas ao público familiar, que se desenvolverán os días 16, 17, 29 e 30 de xuño.

A Deputación de Pontevedra esgotou en pouco máis de dúas horas as prazas dispoñibles para as catro visitas teatralizadas ao Castelo de Sobroso, que se van desenvolver este sábado 16 e o domingo 17, así como o venres 29 e o sábado 30 de xuño. O proceso de inscricións abriuse ás 11h. de hoxe na páxina web de Turismo Rías Baixas e en dúas horas cubríronse todas as prazas.

 

Ademais, dende primeira hora da mañá de hoxe, os dous teléfonos dispoñibles 886 211 700 e 618 320 033, estiveron atendendo múltiples chamadas de persoas interesadas para consultar dúbidas e obter información adicional.

 

As visitas teatralizadas diríxense ao público familiar e van xirar arredor de dúas figuras con historia no Castelo: Dona Urraca, que estivo presa en Sobroso e fuxiu por un pasadizo, e Pedro Madruga, quen reconstruíu o Castelo despois das revoltas irmandiñas. O obxectivo é achegar, sobre todo aos máis novos e novas, a historia de Galicia dun xeito ameno e divertido, así como amosar a natureza e a paisaxe do Castelo de Sobroso podendo gozar dunhas incomparables vistas do val do Tea dende as terrazas da fortaleza.

 

Así mesmo, durante a visita teatralizada, as persoas participantes poderán realizar tamén a senda ambiental “Senda do Bosque Atlántico”, unha proposta diferente posta en marcha para poder coñecer a historia do castelo e da súa natureza a través de códigos QR que os e as visitantes poden ir descargando no seu percorrido.

 

Estas visitas teatralizadas enmárcanse dentro da estratexia da Deputación de posta en valor do Castelo de Sobroso e dentro da campaña “Somos Historias” que dedica o mes de xuño ao patrimonio inmaterial. Perséguese así o obxectivo de converter o Castelo de Sobroso noutro importante foco de atracción de visitantes, ao igual que o Castelo de Soutomaior, no que este tipo de actividades foi un absoluto éxito.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados