Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 13 de junio de 2018
Mos

O centrocampista mosense do Celta, Brais Méndez, pregoeiro hoxe da Festa da Rosa

Guardar en Mis Noticias.

[Img #42197]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destacou no seu discurso desta mañá a honra de vivir e gobernar “nun Mos de Primeira División”

 

Esta mañá celebráronse os actos centrais das Festas da Rosa na Praza do Concello de Mos.

 

A partir das 10:00 horas e ata ás 12:00 horas estivo aberto o prazo de presentación de exemplares para os concursos de rosas e empanadas de pan de millo. Ás 11.00 horas oficiouse a Misa Solemne cantada pola Coral Novas Voces de Celado-Cela, nunha eucaristía que se celebrou na igrexa de San Mamede de Petelos, sita na Praza do Concello; onde tiveron lugar os actos centrais da Festa da Rosa, e que albergou o seu primeiro Día da Rosa dende que se rematara a mellora integral da contorna do Concello, que foi financiada con 300.000 euros polo Plan Hurbe da consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

 

A lectura do Pregón chegou ás 12.00 horas e correu a cargo do xogador mosense do R.C. Celta, Brais Méndez, natural de San Antoíño, parroquia de Louredo.

 

 

[Img #42198]Tras a deliberación dos correspondentes xurados, fixéronse públicos os premiados nos dous concursos. Os vencedores do concurso de empanada de pan de millo (ao que se presentaron un total de 10 participantes) foron:
– Premio á mellor presentación: Mari Carmen Pérez
– Premio ó mellor sabor: Cristina Rodríguez Estévez
– Premio ao maior tamaño: Lara das Dores

Mentres que os gañadores do concurso de rosas (presentáronse un total de 59 ramos paricipantes, 19 máis que o ano pasado) foron:
– 3º Premio: Brais Rodríguez Abella
– 2º Premio: Maria del Carmen Abella Fernández
– 1º Premio: Gerardo Guisande Alonso

Este ano incorporouse un terceiro concurso, o infantil de redacción titulado ‘Que significa o Celta para ti’ no que participaron 23 rapaces e rapazas e nos que resultaron premiados con asistir a un quentamento a pé de campo dos xogadores do Celta previo a un partido de Liga en Balaídos:

– Categoría I (6 a 9 anos): Alejandro Vieites Freire da U.D. Mos
– Categoría II (9 a 12 anos) empate:
o Valeria Alonso Pérez da U.D. Mos
o Xián Rodríguez Cea do Club Louro-Tameiga
– Categoría III (12 a 16 anos): Marta Alonso Roa da U.D. Mos

No seu discurso a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, salientou “o orgullo de vivir e gobernar no Concello de Mos, que xa é un Concello de Primeira División”; e centrou as súas palabras en “agradecer o labor de veciños, colectivos, administracións… todos/as os/as que fixeron posible esta realidade: que Mos non sexa só un municipio de paso, que sexa un municipio onde calquera querería vivir”.

Os actos matinais pecháronse cun concerto do gaiteiro mosense, (tamén da parroquia de Louredo coma o pregoeiro Brais Méndez), Xulio Lorenzo, que rematou tocando o Himno de Mos, da súa propia autoría.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados