Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Jueves, 14 de junio de 2018
TUI

A partir de hoxe un experto en seguros asesorará aos afectados pola explosión de Paramos

Guardar en Mis Noticias.

No Centro de Afectados estase a elaborar unha listaxe de empresas e técnicos interesados en participar nas obras de reconstrución.

A partir deste  xoves un avogado experto en seguros, contratado polo Concello, asesorará aos afectados nas tramitacións e reclamacións ante as súas compañías de seguros. Atenderá aos interesados os martes e xoves de 16 a 20h no Centro de Afectados. É preciso que para realizar a súa consulta os afectados leven a póliza do seguro.


Lembramos que o Centro de Afectados, no Centro Municipal de Formación en Guillarei, abre de luns a venres de 10 a 14h e os martes e xoves de 16 a 20h.


Listaxe de empresas e técnicos interesados en participar nos labores de reconstrución
Por outra parte para poder facilitar aos afectados que o desexen unha listaxe con técnicos e empresas interesadas en realizar os labores de reconstrución e rehabilitación das edificación danadas pola explosión do pasado 23 de maio, dende o Centro de Afectados estanse a confeccionar unha serie de listaxes nas que se poden inscribir as empresas e profesionais interesados.


Por unha banda as empresas interesadas en figurar na listaxe deben enviar un correo a urbanismo.afectados@concellotui.org onde figure o nome da empresa, persoa de contacto, enderezo, teléfono e correo electrónico, así coma unha pequena descrición dos traballos que realizan. A listaxe completa, que se irá actualizando diariamente, será facilitada aos afectados que o soliciten.


Por outra parte dende a xerencia urbanística da catástrofe solicitouse aos colexios oficiais de arquitectos e arquitectos técnicos unha listaxe dos seus colexiados interesados en realizar as memorias valoradas que precisan os afectados para a solicitude das subvencións. A relación destes técnicos será tamén proporcionada aos afectados que a soliciten.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados