Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 15 de junio de 2018
TOMIÑO

Douscentos estudantes da ESO coñecen a dobraxe da man de actores galegos especializados

Guardar en Mis Noticias.

A actividade, organizada polo Concello de Tomiño, forma parte do programa de Normalización Lingüística.

[Img #42226]

 

Preto de dous centenares dos cursos de 1º e 3º de ESO, do IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño, veñen de vivir unha experiencia moi especial. Trátase dun Obradoiro de Dobraxe, impartido polos actores galegos Suso Pando e Manuel Pombal (dous dos membros do grupo Fulano, Mengano e Citano).

 

A actividade, enmarcada dentro do programa do Departamento de Normalización Lingüística, ten coma obxectivo achegar aos mozos e mozas ao proceso de dobraxe, amosándolles que o idioma galego ten riqueza suficiente coma para transmitir unha mensaxe de interese.

 

Foron catro días de obradoiros, polos que pasaron todos os primeiros e terceiros cursos de ESO, entre o 21 e o 24 do mes pasado. Era a primeira vez, para case todo o alumnado, de tomar contacto cun estudo profesional de dobraxe e participar, coas súas propias voces, na gravación dunha escena.

 

Tamén para os dous actores veteranos, era a primeira vez que traballaban con estudantes de Secundaria. “Tentamos explicarlles o proceso completo de dobraxe dunha forma teatral”, explica Suso Pando. Logo da explicación, os actores proxectan unha escena dunha coñecida película de vampiros, en xaponés para máis inri.

 

A continuación, cámbiase a letra orixinal por outra humorística, en galego, e divídese a clase en tres grupos, para que ensaien as frases que lles tocou a cada un. Tras os ensaios, so resta animarse a ser actor ou actriz de dobraxe por un día, e prestar a voz para representar un personaxe. Por último chega o mellor momento: ver de novo a escena dobrada, e recoñecerse entre risas e sorpresas. Laura Santos e Suria Guerreiro (3ºD), son dous das alumnas participantes, que confesan ao final do taller, que lles gustaría aprender máis sobre o tema.

 

Sandra González, a alcaldesa, salienta o traballo realizado no obradoiro e agradece a colaboración da dirección e alumnado do IES Antón Alonso Ríos.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados