Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Martes, 19 de junio de 2018
SALVATERRA DE MIÑO

Lazoiro pídelle a Sanidade e Concello que garantan a salubridade da auga de consumo

Guardar en Mis Noticias.

A Consellería de Sanidade esíxelle ao Concello de Salvaterra sinalizar a praia fluvial do Cordeiro como “non apta para o baño”.

[Img #42299]

 

Recentemente a asociación Lazoiro recibiu un escrito da Xefatura Territorial da Consellaría de Sanidade no que fai a seguinte mención: “En relación a praia de Cordeiro, un informe da Confederacion Hidrográfica Miño-Sil, pon de manifesto a existencia de verteduras de augas residuais a 350m augas arriba da zona de baño, o que pode supoñer un perigo obxectivo para os bañistas, polo que o Concello de Salvaterra de Miño deberá sinalizar a zona como non apta para o baño, mentres non realicen as xestións oportunas para que os vertidos dos núcleos situados augas arriba incorporen sistemas de desinfección aos tratamentos de depuración das súas augas residuais”.

 

Esta información fai saltar a alarma na asociación Lazoiro cando os veciños da zona do Cordeiro lles confirman  a esta asociación que o concello de Salvaterra na zona intermedia entre a praia fluvial do Cordeiro e lugar dos vertidos 350m augas arriba está collendo auga do río para o abastecemento por medio dun bombeo que a envía ao deposito do monte do Castelo do que se abastece o municipio.

 

A asociación Lazoiro acaba de dirixirse ao Concello de Salvaterra, Consellaría de Sanidade e Confederación Hidrográfica Miño Sil para que se garanta a salubridade da auga de consumo no concello de Salvaterra e se procedan a efectuar as obras necesarias para rematar cos vertidos de augas residuais ao río Tea na zona do Cordeiro.

 

Tamén se lle pide ao concello de Salvaterra tal como indica a consellaría de Sanidade se proceda a sinalizar a zona de baño do Cordeiro como zona non apta para o baño mentres continúen os vertidos.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados