Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 18 de junio de 2018
PROVINCIA

Máis de 750.000 euros a investimentos do Plan Concellos en Caldas de Reis, Campo Lameiro, Ribadumia, Silleda e Catoira

Guardar en Mis Noticias.

A Deputación de Pontevedra, no marco da liña 1 do Plan Concellos, pon este ano a disposición dos municipios da provincia case 60 millóns de euros.

[Img #42302]

 

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, en Xunta de Goberno, novas achegas a concellos da provincia no marco da liña 1 do Plan Concellos. En concreto, trátase dos municipios de Caldas de Reis, Campo Lameiro, Ribadumia, Silleda e Catoira, que percibirán en total máis de 750.000 euros para distintas actuacións.

 

Para o concello de Caldas de Reis, o Goberno provincial aprobou dúas achegas por un valor total de 351.368,72 euros para o saneamento de residuos en Fieitoso (Carracedo) e o saneamento do núcleo de Casalderrique (Carracedo). Con estas dúas novas aportacións, Caldas xa ten recibido 1.061.988 euros do actual Plan Concellos, para o que ten orzamentado un total de 1.217.569,07 euros, un 75% máis que en 2017.

 

O municipio de Silleda vai recibir unha achega de 163.317,54 euros para financiar o investimento na rede de calor “district heating” con biomasa. Así, este concello da comarca do Deza xa ten recibido 722.996 euros do Plan Concellos para o que están previstos 1.294.517,44 euros, un 74,63% máis que en 2017.

 

Para Campo Lameiro a Deputación deulle o visto bo a un investimento de 77.418,50 euros, cos que se poderá financiar a adecuación de diferentes camiños da vila. Con esta achega, Campo Lameiro leva recibidos 280.822 euros do Plan Concellos 2018-2019, cun total previsto de 632.457,66 euros, un 73,88% máis que no 2017.

 

Ribadumia vai contar cunha achega económica de 67.526,47€ para mellorar a seguridade viaria na EP 9305 Coirón-Ribadumia-Leiro, do punto quilométrico 4+450 ao punto 4+950. Deste xeito, o Plan Concellos 2018-2019 leva achegado a Ribadumia ata o momento 274.289,48 euros. O presuposto fixado é dun total de 798.414,27 euros, un 75,10% máis que o ano pasado.

 

O municipio de Catoira vai recibir unha nova aportación de 96.739,50 euros para a execución do proxecto de equipamento do Centro de Activación Cultural Torres do Oeste. Con este investimento teñen recibido xa 152.479,55 euros do Plan Concellos 2018-2019. O orzamento final previsto para este ano é de 709.650,28 euros, un 74,84% máis que no 2017.

 

Dende a Deputación de Pontevedra ponse a disposición dos concellos da provincia, no marco da liña 1 do Plan Concellos, case 60 millóns de euros, distribuídos entre 28.501.200 euros do Plan Concellos 2018 e mailo adianto de 30 millóns de euros da liña 1 do Plan Concellos 2019.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados