Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Sábado, 16 de junio de 2018
PROVINCIA

Con todas as prazas esgotadas, Sabucedo acolle este domingo a primeira Deporuta BTT 2018 que organiza a Deputación de Pontevedra

Guardar en Mis Noticias.

A presidenta, Carmela Silva, asistirá a este percorrido de 32 quilómetros que terá a saída no espectacular curro da Rapa das Bestas.

[Img #42303]A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asistirá este domingo á primeira das “DepoRuta BTT” 2018 que se celebrará en Sabucedo coas súas 300 prazas esgotadas e na que as persoas participantes poderán desfrutar de elementos de enorme valor ambiental e cultural.


A DepoRuta de Sabucedo, cunha distancia de 32 quilómetros, iniciarase nun marco espectacular como é o curro da Rapa das Bestas, convertendo as e os ciclistas en aloitadoras e aloitadores, e as súas bicicletas en bestas. O percorrido continuará pola zona norte de Sabucedo alternando treitos de dificultade baixa con outro mais técnicos tanto de subida coma de baixada) para, a partir do segundo terzo do percorrido, ir cruzando diferentes pobos do concello da Estrada (Vilanova, Portela, O Coto, Xubrei, Codeseda…) e gozando ao seu paso de elementos de valor cultural.

 

As seguintes “DepoRutas BTT 2018” terán lugar en Caldas de Reis, Portas e Barro, o 2 de setembro, e, en Vigo o 30 de setembro. Nestas BTT, a Deputación de Pontevedra pon a disposición de todos os e as participantes a cobertura de seguro de responsabilidade civil e accidentes, servizo sanitario, servizo de asistencia durante o percorrido, dous avituallamientos, servizo de lavado de bicicletas e servizo de vestiarios.


As inscricións para as tres DepoRutas BTT son totalmente gratuitas e poden realizarse a través da web da Deputación de Pontevedra (https://www.depo.gal/es/deporuta).

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados