Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Viernes, 15 de junio de 2018
VII Torneo de Xadrez Dani da Rocha Prol

As grandes promesas do xadrez danse cita este sábado 
en Nigrán

Guardar en Mis Noticias.

A competición terá lugar durante todo o día no Pavillón Municipal, que acollerá a centos de xogadores de diferentes clubes.

O Clube de Xadrez Laroca, en colaboración co Concello de Nigrán, organiza un ano máis o 'VII Torneo de Xadrez Dani da Rocha Prol", pertencente ao XIII Circuito Gallego de Ajedrez Promoción, e que terá lugar durante todo o sábado no Pavillón Municipal de Panxón. Centos de xóvenes axedrecistas participarán nesta competición na que o clube nigranés rende homenaxe ao seu compañeiro Dani da Rocha, falecido en 2011. Coma no ano anterior, pídese como custe da inscrición unha achega para o banco de alimentos municipal de Nigrán.

 

O torneo congregará categorías sub-8, 10, 12, 14 e 20 dende as 11.00 horas, sucedéndose as sete roldas ata as 19.40 horas que será a clausura e entrega de premios. Para fomentar a participación, haberá trofeos para os participantes e sorteo de agasallos.

 

A gran participación neste torneo netamente infantil é unha mostra máis do notable e crecente interese polo xadrez en Galicia. A aparición nos últimos anos de novos clubs e escolas de xadrez que promoven esta disciplina, o incremento da oferta de torneos por todo o territorio e a posibilidade de que o xadrez sexa materia de libre configuración son froito do convencemento dos beneficios que ten a práctica do xadrez na mente de pequenos e maiores. Por todo elo, o Concello séntese especialmente orgulloso de acoller cada ano este evento que rende homenaxe a Dani da Rocha Prol.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados