Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Lunes, 18 de junio de 2018
Provincia

Pontevedra será a provincia galega con máis delegados no Congreso Nacional do PP

Guardar en Mis Noticias.

Todos os concellos da provincia terán representación. Vigo ten 10 compromisarios asignados, Pontevedra 4 e Vilagarcía 3.

Pontevedra será a provincia galega con máis delegados no Congreso Nacional do Partido Popular que os días 20 e 21 de xullo se celebrará en Madrid, cun total de 98 compromisarios, dos cales 82 serán compromisarios electos.

 

Así os militantes da provincia de Pontevedra, a través das 61 xuntas locais, haberán de elixir un total de 82 compromisarios, segundo os datos de afiliación aprobados na xunta nacional do partido celebrada o pasado luns en Madrid. A alta representación da provincia de Pontevedra vén motivada polo dobre criterio co que se asignan os representantes a cada territorio, nun  75% polo número de afiliados (máis de 33.000 no caso de Pontevedra) e o outro 25% restante ten que ver cos resultados das últimas eleccións xerais.

 

Desta forma, todos os concellos da provincia contarán con representación, pois todos teñen compromisarios asignados. No caso da cidade de Vigo correspóndenlle 10  compromisarios, a Pontevedra 4 e a Vilagarcía 3.  

 

Ademais dos 82 compromisarios electos, a delegación pontevedresa completarase con 2 representantes máis elixidos pola organización xuvenil Novas Xeracións e outras 14 persoas que se corresponden cos compromisarios natos, é dicir, o presidente provincial, Alfonso Rueda, así como senadores, deputados do Congreso, deputado europeo e todos os integrantes do Comité Executivo Nacional. 

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados