Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Domingo, 17 de junio de 2018
GALICIA

Un centenar de concellos benefícianse das axudas da Xunta para as festas de Interese Turístico

Guardar en Mis Noticias.

No seu compromiso por potenciar os valores e actividades que singularizan a Comunidade galega, Turismo de Galicia destina máis de 300.000 euros

[Img #42351]

 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta fin de semana na Festa da Rosa de Mos, unha das preto do centenar de festas de Interese Turístico de Galicia que este ano se benefician da liña de subvencións que convoca este departamento autonómico para apoiar, promover e difundir estas celebracións e que conta cun investimento global de 300.000 euros.

 

Estas axudas, de concorrencia competitiva, enmárcanse no compromiso de Turismo de Galicia polo mantemento e impulso de festas como a de Mos, polas súas características e singularidades, axudan a converter a Comunidade galega nun destino diferenciado. Neste sentido, a Estratexia do turismo de Galicia 2020 dedica o unha das súas 11 liñas a potenciar os valores que singularizan a Comunidade a través dunha actividade que os protexa e impulse permitindo aos turistas integrarse coa cultura, tradición e enogastronomía.

 

Coa posta en marcha deste tipo de liñas de axuda a entidades locais, Turismo de Galicia continúa no seu compromiso por reforzar a competitividade do destino, afondando na desestacionalización da demanda ao apoiar a festividades de Interese Turístico de Galicia de calquera época do ano, e afondando tamén na diversificación  e especialización da nosa oferta, xa que as subvencións están repartidas polos diferentes concellos da Comunidade galega. Deste xeito, distribúense os beneficios económicos, sociais e culturais que a actividade turística xera.

 

Posta en valor das tradicións

A Festa da Rosa de Mos está dedicada á rosa de Quirós, presente nas insignias representativas deste concello. Reúne ano a ano a milleiros de visitantes e conta cunha intensa programación de actividades nas que se implica o tecido asociativo do municipio para traballar a prol da cultura e a tradición. É o caso da Asociación de Palleir@s de Mos, que esta fin de semana organizaron o Encontro de Palilleir@s da Festa da Rosa á que asistiu a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e que contou con numerosos participantes que puxeron en valor a importancia destes oficios artesanais.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados