Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Xornal21
Lunes, 18 de junio de 2018
DEPORTES

Papeis salientables para o CN Ponteareas no Campeonato de España de Natación en Aguas Abertas

Guardar en Mis Noticias.
[Img #42388]
 
Do 15 ao 17 de Xuño celebrouse o XXI Campionato de España Open de Natación en augas abertas no Río Guadalquivir, Sevilla. Até terras andaluzas se achegaba un equipo do noso clube formado por 3 nadadoras (Carla Faro, Laura Rodríguez y Andrea Domínguez) e 4 nadadores (Lucas Costa, Marcos Martínez, Javier Alonso y Pablo Cabana) que, segundo a categoría, ían competir en diferentes distancias.
 
A verdade é que tod@s el@s tiveron papeis salientables nas súas probas individuais(5km, 7,5km e 10km) e na remuda mixta de 4x1250 m. que acadou o 6° posto. Pero debemos subliñar que na categoría Infantil (distancia 5km) Andrea Domínguez Casabella e Pablo Cabana del Amo acadaron o Campionato de España. O titulo fai que ambos os dous estean clasificados para participar no Campionato Europeo da categoría, que terá lugar en Malta -do 13 ao 15 de Xullo- coa selección nacional de Aguas abertas. Ademáis, pola súa banda, este título dalle a Andrea o billete para participar na Mediterranean Open Water Swimmimg Cup (COMEN) que se vai disputar en Grecia - 28 e 29 se Xullo-. Lembramos que soamente son 3 as nadadoras que se poden clasificar e representar a España neste prestixioso Torneo.
 
Pablo e Andrea convertense así nos primeiros nadador@s internacionais do Clube Natación.
 
Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados