Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Jueves, 21 de junio de 2018
AS NEVES

Un libro que recolle a mirada de 15 fotógrafas e fotógrafos sobre os lumes forestais nas Neves

Guardar en Mis Noticias.

Extinción é precisamente unha palabra que, aínda que poida referenciar o traballo preciso para apagar a vaga de lumes que sufriu o sur da provincia, tamén debe facer referencia a que non se debe extinguir o espírito solidario que o pobo galego intrinsecamente ten e que sobresae ante as adversidades ambientais e sociais tan duras que levamos padecido ao longo da nosa historia". Así define Xosé Leal, o deputado de Cultura e Lingua, a natureza do libro que recolle a mirada artística de 15 fotógrafas e fotógrafos do Colectivo Latente e un texto do escritor Xabier Queipo e que será presentado o vindeiro domingo ás 19 horas no Auditorio das Neves. A presentación deste traballo, que precisamente se titula Extinción, enmárcase nun acto institucional co que o Concello das Neves quere agradecer e recoñecer o labor de todas as institucións e persoas voluntarias e doantes que contribuíron á normalización da vida no concello despois dos estragos padecidos a causa da  vaga de lumes do pasado mes de outubro.

 

 

Para realizar Extinción as e os 15 artistas achegáronse aos lugares das Neves afectadas polos incendios e deitaron a súa mirada singular sobre os efectos que o lume causou no territorio, no patrimonio e nas persoas. O resultado é un compendio de imaxes diversas e desde ópticas moi persoais e diferentes que, en conxunto, ofrecen un percorrido poliédrico e de gran fondura emocional e psicolóxica. As fotógrafas e fotógrafos que achegan o seu traballo artístico a este volume son Alana Murinelly, Alberte Maceira, Alberto Granada, Alessander Ochoa, Cé Tomé, Cristina Brea, Eutropio Rodríguez, María Arias, Puri Díaz, Rafael Juliana, Rocío Álvarez, Rubén de Torres, Sandra MG, Sara Âlver, e Xabier Queipo. Este último achega ademais un texto introdutorio que baixo o título "Lume no corazón, xeo nas veas" pon letra á problemática dos lumes na Galiza tanto desde unha perspectiva persoal e de recordos familiares da infancia como desde un ángulo máis político e analítico.

 

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados