Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Redacción / Xornal21.es
Sábado, 23 de junio de 2018
O PORRIÑO

A campaña de loita contra a Vespa Velutina conquire eliminar a 25.000 raíñas

Guardar en Mis Noticias.

A campaña de loita contra a ‘Vespa Velutina’, que comezara a mediados do mes de febreiro, e que consistía en repartir 500 trampas -300 máis que o ano pasado- e 175 litros de líquido atraínte deste insecto, en todas as parroquias do Porriño, deu coma resultado a eliminación de máis de 25.000 exemplares de raíñas.

 

Hai que lembran que a finais da campaña do 2017, as trampas lograran acabar con algo menos de 4.000 raíñas, polo cal o concelleiro de Medio Ambiente, Marcelino Coto, non dubida en cualificar o resultado deste ano de “espectacular”.

 

Hai que lembrar que nesta campaña o Goberno local optara por involucrar ás veciñas e veciños dirixidos por avicultores, coma José Pampillón, Antonio Pérez Oliveira e  José Porto, que foron os encargados de que houbese, a ,lo menos, dúas persoas en cada unha das parroquias que colocasen as trampas nos lugares máis acaídos de cada unha, se asegurasen que tiñan sempre o atraínte, controlasen o número de exemplares que caían nos mesmos e, ao final da campaña, recuperasen as trampas, que poderán empregarse, de novo na vindeira campaña.

 

[Img #42411]

Os tres subliñan que a colocación das trampas, “algunhas delas ata a 40 metros de altura”, fíxose “no momento e nos lugares axeitados: dende mediados de febreiro a principio de maio e onde hai flores da camelia, que é a onde acoden a velutina estes meses”.

Xornal21 • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2018 • Todos los derechos reservados